Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL ANUNCIA UNHA REBAIXA DO IBI ATA O COEFICIENTE DO 0,66 PARA O ANO 2016
O rexedor local, José Manuel Blanco, e o edil de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, explicaron que se conxelarán as taxas e se ampliarán as bonificacións
Narón, 27 de outubro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, anunciaron as modificacións de ordenanzas fiscais que entrarán en vigor o próximo ano. O rexedor local explicou que “por fin agora que a lei o permite, o Concello vai mellorar a proposta do Plan Económico Financieiro que incidía en que o IBI ía baixar do 0,70 ao 0,68 e vistas as perspectivas económicas, que non son tan negativas como o que algunha xente pensaba, baixaremos o coeficiente ao 0,66 o vindeiro ano”. Blanco indicou que “haberá recibos que queden igual que en 2015 e noutros haberá diferencias de entre cinco e seis euros á baixa ou á alza, aínda que a maioría manterá o importe deste ano debido a que o valor catastral sigue subindo ese 10% desde o Ministerio de Facenda, algo que desde o Concello non podemos evitar”. O alcalde aludiu ademais á rebaixa a aplicar nas licencias de apertura e á modificación das bonificacións ás que se poden acoller as familias con menos recursos económicos. Pola súa banda, Villamar incidiu en que “os tributos permanecerán conxelados por norma xeral” e destacou a baixada ao 0,66 do IBI, cando esa era a cifra prevista no marco orzamentario para o ano 2017. O edil subliñou a necesidade de atender a situación das familias con problemas económicos derivados da crise e, dixo, “imos incrementar as bonificacións para os servizos de recollida de lixo, saneamento e abastecemento, creando unha bonificación do 50%, a maiores da do 75% que xa existía, á que poderán acollerse os veciños e veciñas en función da súa situación económica”. As licencias de apertura bonificaranse nun 15% naqueles casos referentes a pequenos e medianos negocios impulsados por emprendedores. “Desde o Concello queremos favorecer a creación de empresas tanto para que se xeneren postos de traballo por conta allea como para que a veciñanza poida autoempregarse”, apuntou Villamar. O alcalde, José Manuel Blanco, subliñou que “todas estas medidas constatan o feito de que a economía do Concello está nunha situación positiva, que o que diciamos no Plan Económico Financieiro non só se vai a cumprir, a pesar de que algúns aseguraban todo o contrario, senón que ademais se vai mellorar”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal