Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO CEIP PIÑEIROS VISITARON O CONCELLO
O alcalde, José Manuel Blanco, recibiu aos case cincuenta alumnos e alumnas de terceiro e cuarto curso de Primaria
Narón, 28 de outubro de 2015. Uns cincuenta alumnos de terceiro e cuarto curso de Primaria do colexio de Piñeiros visitaron o Concello de Narón. Acompañados polos integrantes do equipo de Seguridade Vial de Narón, Pedro Caneiro e Simón Cabarcos, chegaron ao Consistorio en bicicleta e despois foron recibidos polo alcalde, José Manuel Blanco, e pola concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, no salón de plenos. Os rapaces preguntáronlle a Blanco por asuntos relacionados coa vida política local e algunhas obras que se están executando no termo municipal. Foron varios os escolares que se interesaron ante o rexedor polos anteriores alcaldes que tivo Narón, por cómo se pode chegar ao cargo e qué supón a nivel persoal. Rematada a recepción no salón de plenos os rapaces e rapazas visitaron outras dependencias municipais, entre elas o arquivo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal