Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GOBERNO LOCAL APROBOU NO PLENO A MODIFICACIÓN DAS ORDENANZAS FISCAIS PARA 2016
O GOBERNO LOCAL APROBOU NO PLENO A MODIFICACIÓN DAS ORDENANZAS FISCAIS PARA 2016
A medida implica a rebaixa do coeficiente do IBI ata o 0,66%, a conxelación de tributos e a ampliación de bonificacións en taxas e licencias de apertura
Narón, 29 de outubro de 2015. O goberno local de Narón aprobou no pleno cos votos a favor de TEGA, PSOE e BNG a modificación das ordenanzas fiscais e prezos públicos para o ano 2016. Os cambios impulsados polo goberno local permitirán baixar o tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles ata o 0,66%, mellorando deste xeito, como subliñou o alcalde, José Manuel Blanco, o Plan Económico Financieiro, que o baixaba do 0,70% ao 0,68%. Así mesmo, coas modificacións aprobadas incrementaranse as bonificacións a aplicar ás familias con menos ingresos económicos e bonificaranse as licencias de apertura nun 15% aos emprendedores que impulsen pequenos e medianos negocios.
Na convocatoria aprobouse cos votos favorables do grupo de goberno unha modificación de crédito por importe de 118.845 euros, reservados inicialmente para o convenio do novo centro de saúde, pendente de asinar coa Xunta de Galicia, e que se destinarán á adquisición de tres vehículos para o Servizo de Emerxencias Municipal.
Así mesmo, TEGA, PSOE e BNG deron luz verde á aprobación e participación no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal, por un importe que en conxunto ascende a 647.535 euros, dos que 387.718 se destinarán á realización de varias obras de mellora de viais e os 259.817 restantes a gastos correntes.
A corporación local aprobou por unanimidade a autorización á Alcaldía-Presidencia para solicitar axudas convocadas dentro do programa Red.es xunto co Concello de Ferrol, para o desenvolvemento do programa de ciudades intelixentes da Axenda Dixital para España, convocadas pola Entidade Pública Empresarial de Redes. En relación co veciño Concello de Ferrol, no pleno desta tarde tamén se respaldou por unanimidade autorizar á Alcaldía-Presidencia para solicitar conxuntamente as axudas do Programa Urban, apostando así por optar a fondos procedentes da Unión Europea para participar nun programa entre cuxos obxectivos están a rexeneración da zona coa creación de postos de traballo en diferentes áreas e a mellora de edificios, espazos verdes, o desenvolvemento de servizos de transporte público pouco contaminante, a integración e o uso de enerxías renovables.
Por unanimidade aprobáronse as bonificacións de taxas municipais de rede de sumidoiros, subministración de auga potable e recollida de refugallos correspondentes ao ano 2015 e a modificación do regulamento que establece os criterios xerais de produtividade do Concello.
Ao inicio da sesión plenaria xurou o seu cargo a nova concelleira do Partido Popular, Esther Carballeira, que substitúe ao edil Miguel de Santiago, tras renunciar este último á súa acta de concelleiro o pasado mes de setembro.

Mocións
A moción do Grupo Mixto (ENE) sobre mellora de accesibilidade e atención ao público, que chegaba ao pleno co ditame desfavorable da Comisión, non obtivo o respaldo necesario para saír adiante e a presentada pola mesma formación a favor de solicitar á Xunta unha mellor cobertura das ambulancias de Urxencias Sanitarias do 061 na área de Ferrolterra respaldouna a totalidade da corporación local.
Todos os grupos políticos a excepción do PP apoiaron a moción do grupo de goberno sobre a ILP impulsada pola CIG sobre medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética.
As mocións do PP sobre o establecemento de criterios xustos e obxectivos nas axudas deportivas e para que se aplique na factura de Cosma un desconto polos días nos que a auga non foi apta para o consumo non obtivo o voto favorable de ningún dos edís do resto de grupos da corporación municipal.
A moción presentada por EU sobre a cementeira de Castro, que tamén chegou ao pleno co ditame desfavorable da Comisión, non se aprobou.
A corporación local respaldou por unanimidade as declaracións institucionais sobre a Marcha Estatal contra as Violencias Machistas de 7 de novembro e a relativa á crise de refuxiados sirios causada polo grave conflito armado en Oriente Medio.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal