Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
FERROL E NARÓN FIRMAN O CONVENIO PARA O SUMINISTRO DE AUGA NOS PRÓXIMOS DEZ ANOS
Ambos concellos acordaron o novo prezo de venta de auga por parte de Ferrol a Narón, que se incrementará de xeito progresivo ata chegar ós 0,17 céntimos de euro por metro cúbico.
Narón, 17 de Decembro de 2007.- Os Concellos de Ferrol e Narón escenificaron hoxe neste último municipio a firma do acordo para o suministro de auga, así coma a revisión do seu prezo de venta. Os alcaldes de ámbolos dous concellos, Vicente Irisarri e Xoán Gato, expresaron a súa satisfacción por alcanzar unha solución conxunta que permitirá manter unha estabilidade de prezos durante os próximos dez anos.

Mediante este convenio se revisará o sistema de pago e o prezo do suministro, que aumentará de xeito progresivo por encima do IPC durante os cinco primeiros anos, ata chegar a un 0,17% no 2012. A partires de ahí e ata o 2017, o incremento será proporcional ó IPC interanual, estimado inicialmente nun 3%.

O acordo firmado hoxe en Narón permitirá “manter un equilibro financieiro das empresas suministradoras da auga, e tamén unha subida paulatina do prezo. Trátase de cobrar o coste do servizo pero coa calidade necesaria, e iso esixe inversións”, explicou o Alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri.

O anfitrión do acto, Xoán Gato, lembrou que Narón mantén dende o ano 1984 un convenio con Ferrol para o suministro da auga, e coa renovación deste acordo “paralízase o recurso contencioso-administrativo que tíñamos presentado polo incremento das tasas”, explicou. O alcalde naronés apostou pola unidade dos concellos veciños para solucionar problemas e xestionar servizos públicos, coma o da auga e mesmo o parque de bombeiros. Este
último tema será un dos obxetivos principais a tratar na reunión da Mancomunidade de Municipios, prevista para o próximo venres en Ferrol.

Tanto o Alcalde de Ferrol coma o de Narón recalcaron de xeito especial a importancia de controlar o consumo da auga, xa que trátase dun ben preciado e escaso en moitos lugares. Aínda que “temos auga, non debemos desperdiciala baixo ningún concepto”, declarou Irisarri, ó tempo que o seu homólogo de Narón engadiu que “temos que consumila con prudencia, especialmente agora que empezamos a sufrir o cambio climático”, dixo Gato.

Non obstante, o embalse que surte de auga á comarca de Ferrolterra, o de As Forcadas, ten capacidade suficiente para abastecer durante varios meses a estos municipios, tal e como declararon hoxe os alcaldes.

Na firma do convenio de renovación das tarifas da auga estiveron presentes tamén os alcaldes de Ares e Fene, Julio Iglesias e Iván Puentes, así como os Concelleiros de Servizos de Ferrol e Narón, María López e Julio Bellas. En representación de Neda acudiu a Tenente de Alcalde, Dolores Souto.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal