Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERÁ UN OBRADOIRO INFANTIL SOBRE RECURSOS EN GALEGO
A actividade diríxese a nenos e nenas de 0 a 6 anos e ás súas familias e desenvolverase o 5 de novembro
Narón, 30 de outubro de 2015. A Biblioteca Municipal acollerá o 5 de novembro un obradoiro de recursos en galego, “Alí”, dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos e ás súas familias. A actividade, organizada pola Concellería de Ensino, que dirixe a edil Mercedes Taibo, é de balde e será preciso inscribirse ao habilitarse únicamente vinte prazas -os menores só poderán estar acompañados por un máximo de dous adultos-. O obradoiro comezará a desenvolverse ás cinco da tarde e terá unha duración aproximada de dúas horas. A concelleira explicou que un dos obxectivos deste obradoiro é “dar a coñecer recursos en galego ás familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos dun xeito divertido e práctico”. A empresa Fabaloba encargarase de impartir esta actividade, que se desenvolve a través dun conto que narra un día na vida de Iria, unha nena que se mudou a unha casa máxica. Cancións, música e xogo sucederanse nesta convocatoria na que se dará a coñecer diverso material en galego destinado aos nenos e nenas. Ao remate da actividade realizarase unha presentación do portal “Alí, recursos en galego para a educación infantil”. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do correo electrónico: a.pita@naron.es, chamando ao teléfono 981 337 700 (ext.1516) ou no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón. Terán preferencia á hora de asistir as familias que están adheridas ao proxecto Apego, ao estar enmarcada a actividade dentro da citada campaña do Servizo de Normalización Lingüística, tal e como recordou a edil de Ensino. A maiores, os sábados 14 e 21 de novembro -de 10:00 a 14:00 horas- “Alí” vai achegarlle ao persoal formador das escolas infantís municipais de Narón recursos pedagóxicos en galego para o seu aproveitamento cos nenos e nenas de 0 a 3 anos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal