Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EXPOSICIÓN PÚBLICA O CENSO ELECTORAL DO CONCELLO NARONÉS
O documento pode consultarse no acceso do Concello ou a través do INE
Narón, 1 de novembro de 2015. O censo electoral de Narón permanecerá exposto ao público ata o 9 de novembro para que os veciños e veciñas o consulten de cara ás eleccións xerais que se celebrarán o vindeiro 20 de decembro. Os naroneses e naronesas poderán revisalo na planta de acceso do Concello no horario de apertura habitual do Rexistro municipal. Deberán comprobar que figuran no documento e que os seus datos son correctos e, no caso contrario, terán que proceder a realizar a pertinente reclamación administrativa –poderán facelo nas oficinas de Estatística da administración local- para poder exercer o seu dereito a votar o 20-D. Así mesmo, os teléfonos establecidos para a consulta do censo electoral son o 981 217 439; o 981 217 427 e o 901 101 900 e o horario de oficina do INE é de luns a venres, de 09.00 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 18.00, e o sábado día 7 de 09.00 a 14.00.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal