Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO INVESTIRÁ O VINDEIRO ANO 1,5 MILLÓNS DE EUROS EN MELLORAS VIARIAS E SANEAMENTO NA ZONA RURAL
O CONCELLO INVESTIRÁ O VINDEIRO ANO 1,5 MILLÓNS DE EUROS EN MELLORAS VIARIAS E SANEAMENTO NA ZONA RURAL
Acometeranse varias actuacións en camiños de todas as parroquias do rural e dotarase de servizo de alcantarillado a vivendas de Sedes, O Val e San Xiao
Narón, 31 de outubro de 2015. O Concello de Narón destinará o vindeiro ano 1.547.000 euros a diversas actuacións de mellora en viais na zona rural. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, explicou que desa cantidade, 647.534 euros se corresponden co Plan de Obras e Servizos da Deputación, se ben a administración local destinará a maiores 300.000 euros de fondos propios para acometer varias actuacións pendentes nas parroquias da localidade e 600.000 máis a obras de saneamento proxectadas nas parroquias do Val, San Xiao e Sedes. Os proxectos a levar a cabo con cargo ao POS de 2016 aprobáronse no pleno ordinario de outubro e remitiranse á Deputación da Coruña para que os revise e proceda a darlles o pertinente visto bó nunha sesión do pleno provincial antes de proceder á execución dos traballos. Unha parte das intervencións proxectadas con cargo a este plan provincial responden ás demandas realizadas no seu día desde as entidades veciñais das diferentes parroquias.
A partida do POS permitirá acometer o vindeiro ano melloras en viais das parroquias de Doso, actuando na rodadura do camiño entre Pielas-Tortos-Souto e no de Braña a Cornide, así como realizar o entubado da cuneta do de Santá. En Pedroso canalizarase a auga a través dunha cuneta no camiño de Catasol e reforzarase a rodadura dos de Río do Couto, Pallota, Muíño a Cerdeiras e Travesía de Bazón, contemplándose ademais o reforzo da capa da rodadura do que vai da Pombiña a Castro.
Nos viais da parroquia de Sedes reforzarase tamén a capa de rodadura dos camiños de Feira a Lagüela e o de Villallonte, e nos de Castro farase o propio nos viais de Carballosa, Sobecos a Gadoi e A Mata, e pavimentarase o da Chousa.
As actuacións contempladas con cargo ao POS do vindeiro ano en San Xiao inclúen o reforzo da rodadura no camiño da Fraga e a pavimentación do de San Clemente. En Piñeiros e Xuvia procederase a reforzar tamén a capa de rodadura na rúa Cáceres e a pavimentar o camiño do Río Pereiro a Río Baxoi.
Os traballos a executar no Val correspóndense coa reposición e reparación da capa de rodadura da travesía de Santa Margarita, do camiño de Casal ao de Cabada e os de A Pedreira e Abilleiro. Na parroquia de San Mateo melloraranse o vial de Ruxida e a drenaxe do camiño do entorno do local social, con cargo ao POS, e na do Couto levaranse a cabo obras nos camiños de Outeiro-As Covas; Muíño do Vento; Neixa-O Salto; Lodairo e Lóngaras.
A maiores destas intervencións proxectadas no POS, e con cargo á citada partida duns 300.000 euros procedentes das arcas municipais, desenvolveranse os traballos de mellora do camiño de Faxín, en Pedroso; de Placente a Eiravedra, en Sedes; de Pena de Embade, en Castro; dos Vicás-A Verruga, en San Xiao; das inmediacións das vivendas de Profeco, en Xuvia; de Pico-Cima de Vila, no Val; de Viñas-Lavandeira, en San Mateo e de Gatoira, no Couto.
Os investimentos do POS, xunto cos contemplados polo goberno local con cargo ás citadas partidas de 300.000 euros para melloras viarias noutros camiños da zona rural e os 600.000 euros reservados para o saneamento no Val, San Xiao e Sedes, permitirán desenvolver o vindeiro ano importantes actuacións de mellora de infraestruturas viarias e ampliación de servizos no termo municipal de Narón valoradas en algo máis de 1,5 millóns de euros.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal