Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN TEIMA SÍNDROME DE DOWN
A entidade recibirá 10.000 euros para actuacións en materia de acción social
Narón, 4 de novembro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou un convenio coa presidenta da asociación Teima Síndrome de Down, Patricia Serantes, nun acto ao que tamén asistiu a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio. O importe global do acordo ascende a 10.000 euros, unha cantidade que deberán destinar desde a entidade a levar a cabo diversas actuacións en materia de acción social. No convenio contémplase ademais a colaboración do Concello con Teima na área de recursos humáns, ao ofrecer asesoramento técnico e administrativo desde o departamento municipal de Servizos Sociais para actuacións relacionadas co acordo e, polo tanto, cos programas a desenvolver ao longo do ano.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal