Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO AMOSA O SEU APOIO Á MARCHA DO 7N CUNHA PANCARTA NA PORTA DE ACCESO
A corporación local aprobou por unanimidade no pleno de outubro unha declaración institucional contra a violencia machista
Narón, 6 de novembro de 2015. “Contra a violencia de xénero” é o lema da pancarta que se colocou o día 6 na porta principal de acceso ao Concello de Narón, en apoio da Marcha Estatal contra as violencias machistas convocada polo Movemento Feminista. Coa colocación desta pancarta o goberno local de Narón manifesta publicamente o seu respaldo á convocatoria do 7N. A Marcha partirá ás doce do mediodía das inmediacións do Ministerio de Sanidade, no Paseo do Prado, ata a Praza de España, en Madrid. O goberno local aprobou no pleno do pasado mes de outubro unha declaración institucional contra a violencia de xénero e acordou colocar esta pancarta con motivo do 7N e reutilizada anualmente cada 25 de novembro, para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, así como o impulso desde a administración local de recursos encamiñados a fomentar a igualdade e para prestar atención “estable e de calidade” ás vítimas da violencia machista, entre outras propostas. Algo máis dun cento de Concellos de España –e algunhas Deputacións, como a da Coruña- aprobaron mocións presentadas nesa mesma liña. Entre os obxectivos da convocatoria do 7N está tamén a esixencia de compromisos firmes e maiores partidas orzamentarias para a loita contra a violencia machista, convertíndoa nunha Cuestión de Estado.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal