Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ UN ENCONTRO INFORMATIVO SOBRE O TRABALLO DAS CONCELLERÍAS
A cita será o 18 de novembro e estará aberta ao público en xeral
Narón, 12 de novembro de 2015. O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro mércores, día 18, un Encontro Informativo das Concellerías de Narón. O alcalde, José Manuel Blanco, anunciou o evento acompañado polos portavoces do PSOE e BNG, Catalina García e Pablo Villamar, respectivamente, e por varios edís do grupo de goberno. A convocatoria comezará a desenvolverse ás sete da tarde e rematará sobre as nove da noite. “Son unhas xornadas de presentación das concellerías e delegacións deste Concello ao movemento cidadá en xeral e tamén aos veciños e veciñas interesados en coñecer o funcionamento da administración local”, explicou Blanco. O rexedor local destacou que a actividade constitúe “un paso máis en materia de participación cidadá” e avanzou que no encontro se dará conta das competencias, actuacións realizadas e pendientes, horarios de atención ao público, etc. das distintas concellerías. José Manuel Blanco recordou ademais que “Narón ten unha traxectoria de moitos anos en materia de Participación Cidadá, contando coa colaboración veciñal nas diferentes áreas, como pode ser o caso dos investimentos que se realizan desde o Concello nas diferentes parroquias cada ano, unhas obras que se intentan consensuar co movemento cidadá de cara á elaboración do orzamento municipal”. A portavoz do grupo municipal do PSOE, Catalina García, explicou que a convocatoria comezará coa presentación das diferentes concellerías e unha explicación por parte dos edís de cada área da súa actividade, dunha duración aproximada de tres minutos cada un deles. Posteriormente habilitarase un turno de intervencións para os grupos da oposición (PP e o grupo mixto, integrado por EU e ENE), ofrecéndolles a posibilidade de dirixirse aos asistentes. Antes de rematar o acto os concelleiros do grupo de goberno respostarán a preguntas formuladas polos asistentes, que previamente anotarán nunhas tarxetas que se entregarán para a ocasión ao inicio do acto. Alumnado e un profesor do colexio Santiago Apóstol participarán, a través da Escola de Participación Cidadá de Narón, nun simulacro de plenos escolares, tal e como avanzou a edil da área, formulando algunhas preguntas encamiñadas a coñecer o funcionamento da administración local. Pola súa banda, o portavoz do BNG, Pablo Villamar apuntou que a iniciativa “constitúe unha mostra máis de transparencia deste goberno local, así como de exemplo de participación cidadá”. O concelleiro fixo un chamamento á cidadanía de Narón e ao movemento asociativo para que participen nesta convocatoria.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal