Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PROGRAMAN ACTIVIDADES PARA TÓDOLOS PÚBLICOS DURANTE AS FESTAS DE NADAL
PROGRAMAN ACTIVIDADES PARA TÓDOLOS PÚBLICOS DURANTE AS FESTAS DE NADAL
Haberá obradoiros e teatro infantil para os nenos, festas en Fin de Ano e na Noite de Reis, e xogos populares nas rúas para a Terceira Idade.
Narón, 18 de Decembro de 2007.- O Concello de Narón presentou hoxe a súa programación de Festas de Nadal, que se celebrará entre os días 21 de Decembro e 5 de Xaneiro principalmente na Praza de Galicia e no Auditorio ainda que tamén haberá actividades nas rúas. No deseño dos actos festivos colaboraron as Concellarías de Cultura, Festas e Ocio, Xuventude e Participación Cidadá, e Maiores, que estiveron hoxe representadas na rolda de prensa polas respectivas concelleiras.

O calendario de actos se iniciará este fin de semana no Auditorio de Narón, onde haberá tres espectáculos musicais. O primeiro deles será o venres 21, cun concerto de Música de Cine a cargo de Noelia Santos e Toni Torres. O sábado cambiarase de estilo, dando paso ó Rock-Blues a cargo do grupo portugués Lucky Duckies, formado por dous cantantes e cinco músicos. E xa o domingo 23, o Auditorio naronés acollerá o xénero do Gospel interpretado por The Black Heritage Singers. Cada un destes concertos ten un prezo de 6 euros por persoa aínda que pódese mercar un bono –no propio Auditorio, a partires de hoxe- para tres concertos, polo prezo de 12 €.

A próxima semana estará adicada ós pequenos, que poderán asistir o mércores 26 de Decembro á obra de teatro infantil “Unha merenda de Alicias”, e o xoves ó espectáculo “Nadal máxico”. Ambos teñen un prezo de 6€ para adultos, e 3€ no caso dos nenos.


Tamén no Auditorio, o sábado 29 de Decembro celebrarase o tradicional Concerto de Fin de Ano, á cargo da Xove Banda de Narón. A cita será ás 19 horas, e terá entrada gratuita.

Haberá dous novas citas de teatro infantil, o mércores 2 e o xoves 3 de xaneiro, coas obras “O merlo branco” e “Monicreques de kukas”, respectivamente. As entradas terán o mesmo prezo que as anteriores. Pero os nenos tamén poderán disfrutar de actividades gratuitas na Praza de Galicia, onde dende o 26 de Decembro haberá atraccións infantís en horario de 16 a 19 horas.

Dende esa data e ata o 5 de Xaneiro haberá atraccións, un toro mecánico, cine infantil, inchables, talleres de Nadal e mesmo un concurso de karaoke- este último será o día 2 de Xaneiro-. O programa festivo se completa con talleres de maquillaxe o globoflexia, a visita dos Reis Magos, e unha festa infantil, actividades previstas para os días 3, 4 e 5 de Xaneiro respectivamente.

Un dos “pratos fortes” da programación de Festas de Nadal, que conta cun orzamento de 100.000 euros, é a tradicional Festa de Fin de Ano. Nesta ocasión se habilitará na Praza de Galicia unha carpa de 1.200 metros cadrados, con calefacción e 500 sillas para os asistentes. No seu interior terá lugar unha verbena nocturna, na que actuarán as orquestas Costa Oeste e Filadelphia. A festa, de entrada gratuita, iniciarase ás 2:00 horas co lanzamento de fogos de artificio que deixarán paso á festa na que haberá consumicións e chocolate con churros a prezos asequibles, ademáis dun servizo de ropeiro, que costará 1,50€ por matrimonio. En caso de temporal, os actos se trasladarán o Pavillón de Santa Icía, aínda que se avisará co tempo oportuno.

A Concellaría de Festas tamén celebrará unha verbena a noite de Reis, o 5 de Xaneiro, na Praza de Galicia, a cargo do grupo Latino. A festa iniciarase ás 22 horas e incluirá un Karaoke.

Para a terceira idade, a Concellaría de Persoas Maiores deseñou tamén unha serie de actividades enmarcadas no seu Programa de Acción Sociocultural e Comunitaria, que leva por título “Nadal nas ruas” e que consistirá na práctica de xogos populares en distintos puntos do municipio, dende o luns 24 de Decembro ata o sábado 5 de Xaneiro. Os lugares ós que se levará esta actividade son os seguintes: Praza de Galicia, Pedroso-Doso, San Xiao-Castro, O Val, Praza de Alvaro Paradela, A Solaina, San Mateo, Sedes, Praza da Gándara, e Xuvia.

Os actos complétanse cunha Festa de Nadal no Centro de Atención ás Persoas Maiores de Santa Icía, o próximo xoves 20 de decembro, a partires das 17:30 horas. Na celebración participará a Coral de Persoas Maiores do centro, e o Grupo Musical 70,s.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal