Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO CONMEMORARÁ CON VARIOS ACTOS O DÍA DE NARÓN
O CONCELLO CONMEMORARÁ CON VARIOS ACTOS O DÍA DE NARÓN
O programa iniciarase o 20 de novembro e rematará o 23, festividade local desde o ano 1993
Narón, 12 de novembro de 2015. A concelleira de Festas de Narón, Mar Gómez, e o edil de Deportes, Román Romero, presentaron os actos cos que se conmemorará o Día de Narón, fixado o 23 de novembro tras un acordo que tivo lugar no ano 1993 para declarar festiva esta data na localidade. O programa comezará a desenvolverse o venres día 20, coa celebración da vixésimo sétima edición da Gala do Deporte no Pazo da Cultura, a partir das nove da noite. Nesta cita procederase, como é tradicional, a entregar os premios aos mellores deportistas da localidade en diferentes modalidades deportivas, tal e como recordou Román Romero.
As actividades programadas continuarán a fin de semana, tal e como apuntou Mar Gómez, que avanzou que as novidades deste ano serán a celebración dunha Feira de produtos ecolóxicos e artesáns, os días 21 e 22, e a primeira edición da andaina “Ponte en ruta con nós”, o día 22. O edil de Deportes explicou que esta última iniciativa terá continuidade nos vindeiros meses, indicando que a andaina do domingo partirá do pavillón polideportivo da Gándara ás dez da mañá e consistirá nun percorrido polas zonas da Gándara, e Xuvia, no que poderán participar todas as persoas interesadas.
A Feira de Produtos Ecolóxicos e Artesás inaugurarase o sábado día 21 ás 11.00 horas e continuará en horario de mañá, ata as 14.00 e pola tarde de 16.00 a 19.00 e tamén abrirá o domingo no mesmo horario. Os postos participantes –está confirmada a asistencia dun total de vintecinco- instalaranse baixo unha carpa na Praza de Galicia.
Na propia xornada do Día de Narón, o luns 23, haberá baixo a citada carpa, a partir das 11.00 horas, unha exposición dos traballos que se realizan ao longo do ano nas distintas asociacións das zonas urbana e rural do municipio. A concelleira de Festas explicou que ademais a partir das 12.00 horas haberá degustación de produtos da zona, amenizada pola Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón e por unha agrupación musical á hora da sesión vermú. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, haberá un magosto no que se ofrecerán aos asistentes liscos e castañas. Para amenizar a convocatoria, instalaranse uns inchables para os nenos e nenas na praza de Galicia e sucederanse varios obradoiros.
“É un día de convivencia de todas as parroquias e animamos á veciñanza a que se sume a esta proposta para celebrar todos xuntos o Día de Narón”, subliñou Mar Gómez.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal