Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE 150 ALUMNOS E ALUMNAS DOS COLEXIOS VIRXE DO MAR E A SOLAINA PARTICIPARON NUNHA ACTIVIDADE DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIAL DO CONCELLO
Os escolares visitaron as instalacións da empresa Neumáticos Soledad e recibiron información sobre a reciclaxe
Narón, 13 de novembro de 2015. O equipo de Educación Vial do Concello de Narón, que depende da Concellería de Seguridade Cidadá, dirixida polo edil Guillermo Sánchez Fojo, iniciou a primeira das visitas de escolares á empresa Neumáticos Soledad, na Gándara. A actividade, enmarcada na proposta educativa para concienciar aos escolares da localidade da importancia da reciclaxe e o coidado do medio ambiente, enmárcase nun convenio asinado entre o Concello e a citada empresa. Un total de 150 rapaces e rapazas dos colexios Virxe do Mar e A Solaina participaron esta mañá na convocatoria, partindo –en dúas quendas- dos seus centros escolares en bicicleta e regresando tamén nela, acompañados polo equipo de Educación Vial do Concello, integrado por Pedro Caneiro e Simón Cabarcos e por algúns pais e nais dos escolares e mestres dos citados centros. Durante a súa estancia nas instalacións de Neumáticos Soledad, os rapaces e rapazas, de terceiro a sexto curso de Primaria, visitaron o almacén da empresa e tamén o taller. Así mesmo, asistiron a unha charla na que se proxectou un vídeo sobre a importancia da reciclaxe dos neumáticos e os seus posibles usos unha vez reciclados, así como a importancia de mantelos en bo estado. Ao longo do presente curso escolar 2015-2016 pasarán polas instalacións desta empresa da Gándara uns dous mil nenos e nenas matriculados nos centros educativos da localidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal