Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA "CONCILIAESCOLA NADAL"
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA
A iniciativa terá lugar en decembro, en dúas quendas, na Área Medioambiental Río Xuvia, en Pedroso
Narón, 16 de novembro de 2015. O Concello de Narón abriu o prazo de inscrición no programa ConciliaEscola Nadal, organizado pola Concellería de Igualdade que dirixe a edil Teresa Sabio. A iniciativa, que ten como obxectivo prioritario a conciliación da vida familiar, laboral e persoal, está dirixida a nenos e nenas da localidade de entre 4 e 12 anos e desenvolverase entre o 21 de decembro e o 5 de xaneiro na Área Medioambiental Río Xuvia, en Pedroso. A participación no programa, subvencionado pola Deputación da Coruña, é de balde e será necesario inscribirse antes de finais de novembro porque as prazas son limitadas.
A concelleira de Igualdade explicou que o programa ConciliaEscola Nadal se impartirá en dúas quendas, do 21 ao 28 de decembro e do 29 de decembro ao 5 de xaneiro, excluídos os sábados, domingos e festivos. Terán preferencia á hora de matricularse, por esta orde, as familias empadroadas no Concello de Narón nas que traballen os dous proxenitores ou tutores; nas que tan só un teña emprego; aquelas nas que nin o pai nin a nai teñan ocupación laboral e, por último, os nenos e nenas non empadronados no Concello, indicou Sabio.
Os asistentes participarán en actividades como obradoiros de cociña creativa, do ciclo integral do pan, de artesanía e creatividade e deportivos e de aire libre, se ben o programa contempla tamén diversas actividades enmarcadas na Aula da Natureza. O Concello ofrece a posibilidade de acollerse a un dos dous horarios establecidos, de diferente tempo de duración: un de 07.30 a 14.00 e outro de 09.00 a 14.00.
Así mesmo, habilitouse un servizo de transporte, tamén de balde, para o regreso desde a Área Medioambiental Río Xuvia. Os nenos e nenas sairán do recinto de Pedroso ás dúas da tarde e as paradas do bus serán, na zona urbana, na Casa da Mocidade (A Gándara); xunto ao polideportivo Campo da Serra (A Solaina); no Concello (Alto do Castiñeiro); nas proximidades do Gadis de Freixeiro (Piñeiros) e no apeadeiro de FEVE (Xuvia). No rural os participantes poderán baixarse do bus xunto ao Centro Cívico Social de San Mateo; na cooperativa do Val; no chalet de Cabezas, en San Xiao; na Paraxe, en Castro; no Centro Cívico de Sedes; ou nas igrexas de Pedroso e Doso.
A edil de Igualdade, Teresa Sabio, animou á veciñanza a sumarse a esta convocatoria “que ano tras ano rexistra un elevado nivel de participación e que está pensada para a conciliación da vida laboral e familiar, con actividades para os nenos e nenas de carácter deportivo, lúdico e, ao tempo, formativas”.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario do Concello, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (ext.1113/1115).


Descarga de archivos
Modelo solicitudeTamaño: 333,80 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal