Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO CELEBRARÁ DO 20 AO 23 DE NOVEMBRO OS ACTOS DO DÍA DE NARÓN
O CONCELLO CELEBRARÁ DO 20 AO 23 DE NOVEMBRO OS ACTOS DO DÍA DE NARÓN
A XXVII Gala do Deporte abrirá o programa festivo no Pazo da Cultura e o programa continuará a fin de semana e o luns 23 na praza de Galicia
Narón, 19 de novembro de 2015. Os actos programados polo Concello con motivo do Día de Narón, festividade local que se conmemora o vindeiro día 23, comenzarán a desenvolverse na xornada do 20 de novembro na cidade. A vixésimo sétima edición da Gala do Deporte abrirá a programación a partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura. Na cita, como é tradicional, premiarase aos mellores deportistas e clubes locais.
As actividades continuarán a fin de semana. A praza de Galicia acollerá, baixo unha carpa, unha trintena de postos de venta de produtos ecolóxicos e artesáns. A feira abrirá en horario de mañá e tarde os días 21 e 22, de 11.00 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 19.00 horas. Na xornada dominical desenvolverase ademais a primeira das edicións das andainas “Ponte en ruta con nós”, programadas desde a área municipal de Deportes. Os camiñantes sairán ás dez da mañá das inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara e percorrerán a pé a ruta “Camiñando polos carrís bici” o tramo comprendido entre A Gándara e Xuvia, nun tempo aproximado de dúas horas.
O Día de Narón, o luns 23, as actividades previstas comezarán ás 11.00 horas baixo a carpa instalada na praza de Galicia. No citado espazo exporanse traballos realizados ao longo do ano nas actividades desenvolvidas nas asociacións de veciños e tamén haberá unha degustación gastronómica –de balde- a base de lacón e liscos, e un magosto popular. Así mesmo, instalaranse varios inchables para os nenos e nenas, que tamén terán a oportunidade de participar nos obradoiros que se celebrarán durante a tarde na praza de Galicia. A xornada estará amenizada por un grupo musical.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal