Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS
O Concello realizará unha achega económica de 15.000 euros á ASCM
Narón, 20 de novembro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Asociación Sociocultural de Minusválidos, Ángel Gárate, asinaron un convenio de colaboración por importe de 15.000 euros. A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, asistiu ao acto de sinatura do acordo. Con cargo á achega económica procedente das arcas municipais a ASCM comprométese a desenvolver programas e actividades relacionadas coas persoas discapacitadas de Narón e tamén continuar mantendo o programa de transporte adaptado na localidade. Así mesmo, a asociación facilitará a integración e o acceso do colectivo aos servizos e recursos do entorno, tal e como se contempla no documento.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal