Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A PRAZA DE GALICIA ACOLLEU UNHA FEIRA DE PRODUTOS ECOLÓXICOS E ARTESÁNS
A PRAZA DE GALICIA ACOLLEU UNHA FEIRA DE PRODUTOS ECOLÓXICOS E ARTESÁNS
A iniciativa enmarcouse no programa deseñado polo Concello para conmemorar o Día de Narón
Narón, 22 de novembro de 2015. A praza de Galicia acolleu os días 21 e 22 de novembro a Feira de Produtos Ecolóxicos e Artesáns, unha cita convocada no marco da programación deseñada polo Concello para conmemorar o Día de Narón, festividade local que terá lugar o 23 de novembro. Ás 11.00 horas abría ao público a carpa instalada para a ocasión na citada praza, na que estiveron –de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 os dous días- unha trintena de postos de venta de artículos de artesanía e alimentación ecolóxica e sete de cervexa artesá. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, destacou a calidade do evento e animou aos veciños e veciñas a visitar esta feira, “onde ademais de haber unha gran variedade de produtos á venta víuse como un artesán facía diversas figuras de vidro e tamén se puido comer nalgún dos dous postos instalados nesta ocasión, un de polbo baixo a carpa e outro xunto á entrada”.
Froitas, verduras, queixos, mel e chourizos puideron adquirirse nesta feira, onde tamén houbo unha gran variedade de pezas de artesanía –bisutería marioritariamente-, artículos de decoración feitos con coiro, ou prendas de lá. Así mesmo, no exterior da carpa permaneceu un posto de venta de comida e doces caseiros.
Na última xornada, a maiores, iniciouse o programa de andainas “Ponte en ruta con nós”, deseñado pola concellería de Deportes. “Camiñando polos carrís bici” foi o lema da primeira convocatoria, que partiu ás 10.00 das inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara ata a ponte de Xuvia, un traxecto dunhas dúas horas de duración.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal