Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL
Un total de setenta e sete persoas percorreron a pé o itinerario deseñado baixo o lema "Camiñando polos carrís bici", entre A Gándara e Xuvia
Narón, 22 de novembro de 2015. A primeira das andainas programadas polo Concello de Narón a través da iniciativa “Ponte en ruta con nós” –a través do Padroado de Deportes- foi todo un éxito de participación. Un total de setenta e sete persoas asistiron á cita, que partiu ás dez da mañá das inmediacións do polideportivo municipal da Gándara. “Camiñando polos carrís bici” foi a proposta coa que se inauguraron estas andainas, e que permitiu aos participantes percorrer un tramo de case oito quilómetros entre A Gándara e Xuvia. O concelleiro de Deportes, Román Romero, valorou a gran aceptación que tivo a convocatoria, e subliñou o feito de que “con esta actividade poderemos percorrer a pé e coñecer diferentes puntos do municipio naronés de aquí a xuño do vindeiro ano, no que é unha aposta municipal por ofrecer á veciñanza unha actividade deportiva e á vez, practicar o sendeirismo no medio natural”.
Desde o pavillón da Gándara os camiñantes partiron cara á avenida do Mar en dirección á ensenada da Gándara e dirixíronse desde alí ata o mosteiro do Couto. Tras chegar ás inmediacións do cenobio continuaron a andaina polos sendeiros da zona ata o núcleo urbán e desde a rúa Irmandade foron ata o paseo marítimo de Xuvia. O percorrido rematou nas inmediacións da ponte que separa os termos municipais de Narón e Neda. Os setenta e sete participantes dividíronse en dous grupos –atendendo ao ritmo de cada un deles- e estiveron acompañados no seu percorrido por un equipo de voluntarios de Protección Civil de Narón. Unha vez no paseo de Xuvia, ataviados cos chalecos reflectantes que lles entregaron como agasallo e tras unha parada para avituallamento, un autobús recolleu ao grupo –en dúas viaxes, debido á elevada asistencia- e levouno de volta ata o pavillón polideportivo da Gándara.
A vindeira das rutas programadas no marco da iniciativa “Ponte en ruta con nós” terá lugar o vindeiro domingo, día 27. “Pola ribeira de Xuvia” é o lema da cita, que comezará tamén ás 10.00 horas. Os asistentes percorrerán un tramo duns once quilómetros –nunhas dúas horas e media de duración estimada- e desde o pavillón da Gándara irán en autobús ata a rotonta de Megasa, de onde partirá e onde rematará o traxecto. Unha vez finalizado, o autobús levaraos novamente ata o citado polideportivo.
As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no pavillón polideportivo da Gándara ata o xoves anterior a cada unha das convocatorias –que serán sempre un domingo ao mes ata xuño de 2016- en horario de 09.00 a 13.00 e de 16.30 a 18.30. O prezo de cada unha delas é de tres euros, cantidade coa que se abonan os gastos do desprazamento en autobús. Os asistentes –os menores de 18 anos deben ir acompañados dun adulto- teñen que estar no punto de saída de cada ruta vinte minutos antes do inicio da mesma. As convocatorias tan só se suspenderán no caso de que a Axencia Estatal de Meteoroloxía declare alerta laranxa ou vermella.
O edil de Deportes de Narón animou á veciñanza a participar neste tipo de actividades “pensadas para persoas de diferentes idades e para fomentar o exercicio físico e os hábitos de vida saudables entre a poboación”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal