Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
DEGUSTACIÓNS GASTRONÓMICAS, MÚSICA E XOGOS INFANTÍS PARA REMATAR O PROGRAMA DE ACTOS DO DÍA DE NARÓN
O día 23 de novembro é festividade local no municipio desde o ano 1993
Narón, 23 de novembro de 2015. A praza de Galicia de Narón acolle hoxe os últimos actos organizados polo Concello para conmemorar o Día de Narón, festividade local que se celebra no municipio desde o ano 1993. Ás once da mañá abría de novo as portas a carpa instalada na praza, baixo a que se instalaron inchables para os nenos e nenas e tamén varios postos nos que se amosaban parte dos traballos feitos ao longo do ano en diferentes entidades veciñais do municipio. Ás 12.30 horas comezou unha degustación gastronómica de balde a base de lacón asado, con pan, viño e auga, amenizada por actuacións musicais. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, valorou o respaldo que un ano máis obtivo a convocatoria e agradeceu á veciñanza que se desprazase ata a praza de Galicia para festexar este día. “Estamos moi satisfeitos coa resposta da xente, porque o programa de actos deseñado para celebrar o Día de Narón, que comezou o pasado venres coa Gala do Deporte e continuou a fin de semana coa Feira de produtos ecolóxicos e artesáns, clausurámolo hoxe cun gran éxito, grazas a todos os veciños e veciñas que asistiron aos eventos programados desde o Concello”, asegurou a concelleira. Fotografías, traballos feitos con bolillos, cadros ou artículos de bisutería foron algúns dos traballos expostos polos veciños da AVV A Gándara, “Os Irmandiños” do Val; Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros; AVV Virxe do Mar e das entidades veciñais do Feal e Santa Icía. Trala reapertura da carpa pola tarde comezaron a servirse “liscos” –tamen de balde- e houbo un magosto popular. Un dúo musical amenizou novamente a convocatoria durante toda a xornada.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal