Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL CONMEMORARASE NO MUNICIPIO CON ACTIVIDADES TEATRAIS, MUSICAIS E OBRADOIROS
O DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL CONMEMORARASE NO MUNICIPIO CON ACTIVIDADES TEATRAIS, MUSICAIS E OBRADOIROS
O programa de actos deseñado polo Concello e varias asociacións desenvolverase os días 27 de novembro e 4 e 11 de decembro
Narón, 24 de novembro de 2015. A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, anunciou os actos cos que se conmemorará no municipio o Día Internacional da Diversidade Funcional, que se celebra cada 3 de decembro. A edil naronesa presentou o programa acompañada por representantes das asociacións que coorganizan a convocatoria co Concello: ASCM, Asociación de Persoas Xordas de Ferrol (AXF), Vida Activa, Aspanaes, Aspanemi, Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Afaes Porta-Nova, Aspaneps, Cogami, Grupo Diversidade Funcional Ferrol e comarca e Asociación Síndrome de Down Teima. A programación deseñada para a ocasión desenvolverase os días 27 de novembro e o 4 e 11 de decembro. Teresa Sabio subliñou que cos actos programados “preténdense reivindicar e visibilizar os dereitos das persoas con diversidade funcional”, e animou á veciñanza a acudir aos actos, “para gozar dun tempo de ocio e tamén para poder informarse do traballo que realizan estas entidades cos seus usuarios ao longo do ano”.
O día 27, o Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón acollerá, ás 17.30 horas, a representación da obra “La otra historia de Caperucita Roja”, a cargo de usuarios da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol. As instalacións do Café Teatro acollerán tamén o 4 de decembro outra representación teatral –ás 17.30 horas- nesta ocasión a cargo de persoal da ASCM, que porá en escena a obra “Disparatada Educación”. Ao remate de ambas representacións proxectaranse un documental e unha curtametraxe da AXF e haberá unha merenda.
Na xornada do 11 de decembro instalaranse no Centro Comercial Narón, a partir das 17.30 horas, mesas informativas de tódalas entidades que coorganizan esta convocatoria co Concello, unha cita programada baixo o lema “Normalicemos a diversidade”. Nesta ocasión os usuarios das asociacións encargaranse de ler unhas frases reivindicativas, pero ademáis haberá actuacións musicais –a cargo de persoal da Asociación Nuestra Señora de Chamorro-; de baile e musicoterapia –con Vida Activa-; Obradoiros de globoflexia e pintacaras e a actividade “Senta e sente” –con persoal da ASCM-. Todas as propostas son de balde e abertas á participación da cidadanía.
A concelleira de Promoción Social e Igualdade recordou que o Concello de Narón asina ao longo do ano convenios coa maioría destas asociacións, aportándolles unhas partidas económicas coas que contribuír ao seu traballo diario. Así mesmo, Teresa Sabio quixo agradecer publicamente o traballo de Laura Bouza, que deseñou de balde o cartel desta convocatoria.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal