Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA DESIGNAR AOS REPRESENTANTES DAS AAVV, ENTIDADES CULTURAIS E CONSELLOS ESCOLARES NA XUNTA DO PADROADO DA CULTURA
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA DESIGNAR AOS REPRESENTANTES DAS AAVV, ENTIDADES CULTURAIS E CONSELLOS ESCOLARES NA XUNTA DO PADROADO DA CULTURA
O prazo para entregar as propostas rematará o 11 de decembro
Narón, 27 de novembro de 2015. O Padroado da Cultura aprobou a convocatoria de eleccións para designar a sete representantes da Xunta do Padroado. En total elixirase mediante a pertinente votación a tres representantes das Asociacións de Veciños, outros tres das entidades culturais e un dos Consellos Escolares dos Centros Públicos de Ensino. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o vindeiro 11 de decembro –ás 14.00 horas-.
As propostas deben formularse por escrito, facendo constar no documento o nome da entidade que presenta a candidatura e tamén o nome, enderezo e número de teléfono dos candidatos, debendo entregarse no Pazo da Cultura, no horario de apertura habitual das instalacións.
As votacións para elixir aos citados representantes terán lugar o vindeiro 16 de decembro no Pazo da Cultura. Ás 18.00 horas serán as correspondentes á elección dos membros dos Consellos Escolares, ás 18.30 dos das asociación de veciños e ás 19.00 dos de entidades culturais. As votacións serán secretas e en lista aberta, tendo que escoller cada entidade a un número de candidatos non superior ao que lle corresponde ao seu grupo na Xunta, tal e como se explicou desde o Padroado da Cultura. O período de vixencia dos cargos será de dous anos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal