Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
MÁIS DE 120 ESTABLECEMENTOS PARTICIPAN NA CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO DE NARÓN
MÁIS DE 120 ESTABLECEMENTOS PARTICIPAN NA CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO DE NARÓN
O programa, organizado pola Concellería de Promoción Económica e a Asociación de Comerciantes de Narón, desenvolverase desde o 7 de decembro ata o 14 de xaneiro
Narón, 30 de novembro de 2015. Dezaoito carros de compra por valor de 100 euros cada un, catro cestas de Nadal de 125 euros, dous vales de compra de 500 euros e outros tantos de 300 euros son os premios que repartirá a campaña de Nadal que organiza a Asociación de Comerciantes de Narón en colaboración coa Concellería de Promoción Económica que dirixe Pablo Villamar. O edil e Mónica Cereijo, representante da entidade, presentaron co responsable de Eventi, Víctor Caneiro, unha iniciativa que nesta ocasión se estenderá desde o 7 de decembro ata o 14 de xaneiro e na que xa están inscritos 124 establecementos comerciais do concello.
Villamar destacou o interese común da Asociación de Comerciantes de Narón e da Concellería de Promoción Económica en “potenciar o comercio de proximidade, que se caracteriza por ofrecer un bo servizo e produtos e servizos de calidade”. Nesa liña, subliñou que o obxectivo desta campaña, ademais de contribuír a dinamizar o pequeño comercio, céntrase en premiar a fidelidade da clientela, como proba o feito de que a contía dos premios se achegue aos 4.000 euros en total.
Ademais dos premios, o concelleiro de Promoción Económica anunciou que haberá tamén actividades paralelas, ás que se sumarán as que organicen outras áreas municipais como a de Turismo e a de Festas. Así, os días 19 e 20 de decembro terá lugar unha concentración de Food Trucks na Praza de Galicia. Tamén haberá dous concertos instrumentais de panxoliñas a cargo do dúo Son do Ar. Serán os días 19 de decembro, a partires das 12.00 horas na Praza de Galicia, e o 25, neste caso a partires das 11.00 horas na praza do antigo Concello, en Xuvia. Os máis pequenos serán tamén protagonistas coa visita dos populares personaxes televisivos Minions, que estarán o día 12 de decembro de 12.00 a 14.00 horas na Praza da Gándara; o día 20 no mesmo horario na Praza de Galicia, e o día 25, de 11.00 a 13.00 horas, na Praza do Concello de Xuvia.
As persoas e os establecementos comerciais interesados poden obter máis información a respecto do calendario de actividades e dos sorteos e entrega dos diferentes premios na páxina web: www.comerciodenaron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal