Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
AS PERSOAS QUE DESEXEN COLABORAR COMO VOLUNTARIOS NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DEBEN ANOTARSE NO CONCELLO
AS PERSOAS QUE DESEXEN COLABORAR COMO VOLUNTARIOS NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DEBEN ANOTARSE NO CONCELLO
O persoal axudará nas tarefas de recollida e clasificación dos xoguetes doados durante este mes para a súa entrega ás familias o vindeiro día 30
Narón, 6 de decembro de 2015. O Concello de Narón mantén aberta a campaña de recollida de xoguetes para o Centro de Recursos Solidarios, unha iniciativa para a que, tal e como indicou a edil de Acción Social, Catalina García, se solicita a participación de voluntarios para as tarefas de recollida e clasificación do material que se reúna para este fin solidario. As persoas que desexen colaborar terán que cubrir un modelo de solicitude dispoñible no Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón, no primeiro andar, tal e como indicou a concelleira.
A campaña de recollida de xoguetes (novos ou de segunda man) desenvólvese este mes e ata o vindeiro xoves, día 10, nas Escolas Infantís Municipais, nos centros educativos, na Biblioteca Municipal do Alto, na Academia September –no número 883 da estrada de Castela- e nas instalacións do Centro de Recursos Solidarios de Narón –na nave do polígono das Lagoas, nas inmediacións do Centro de Exames, onde se poderán entregar os martes e xoves, de 9.00 a 12.30 horas e os mércores de 17.00 a 19.00-. As doazóns de xoguetes poderán realizarse ata o vindeiro 19 de decembro no Centro Cívico Social do Alto e tamén no festival solidario que celebrará o Motoclube Fojeteiros ese mesmo día na praza de Galicia, tal e como recordou a edil naronesa.
As persoas que desexen recoller algún dos xoguetes desta campaña municipal –dirixida a persoas con escasos recursos económicos- deberán cumplimentar unha solicitude no Servizo Sociocomunitario Municipal, un trámite que poderán realizar ata o vindeiro 18 de decembro, deixando alí unha fotocopia do seu D.N.I. A entrega realizarase o 30 de decembro no Centro de Recursos Solidarios, entre as 16.00 e as 20.00 horas, debendo presentar o resgardo da solicitude e fotocopia do D.N.I.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal