Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO "I CAMPUS TECNOLÓXICO NARÓNTECH"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO
Os destinatarios da iniciativa son rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos empadroados en Narón
Narón, 6 de decembro de 2015. A Concellería de Mocidade e Novas Tecnoloxías convoca o “I Campus Tecnolóxico Naróntech”, unha iniciativa dirixida a rapaces e rapazas empadroados en Narón de entre 8 e 14 anos. A edil da área, Natalia Hermida, explicou que a convocatoria se desenvolverá os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro na Aula Cemit de Xuvia e anunciou que o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 15 deste mes. O Concello oferta un total de 30 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.
Na convocatoria os participantes terán a oportunidade de adquirir coñecementos sobre programación de videoxogos, do mundo Minecraft ou de robótica, entre outros temas, como a potenciación das súas habilitades informáticas e tamén da súa creatividade. Os alumnos dividiranse en dúas quendas, de mañá e tarde, que se desenvolverán entre as 10.00 e as 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, tal e como apuntou a concelleira de Novas Tecnoloxías.
As persoas interesadas en participar deberán entregar no Rexistro do Concello unha solicitude na que figuren os seus datos, que poderán pedir no propio rexistro ou descargar da páxina web do Concello de Narón –www.naron.es-. Para recibir máis información sobre este campus tamén se pode chamar ao número de teléfono 647 787 006.


Descarga de archivos
SolicitudeTamaño: 145,00 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal