Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O RECINTO FEIRAL DO TRECE E O CENTRO CÍVICO DE SEDES ACOLLEN A FESTIVIDADE DA NOITE DA LUZ
O RECINTO FEIRAL DO TRECE E O CENTRO CÍVICO DE SEDES ACOLLEN A FESTIVIDADE DA NOITE DA LUZ
A celebración coincide con Santa Lucía, o 12 de decembro, o día con menos luz do ano
Narón, 10 de decembro de 2015. O recinto feiral do Trece acollerá o 12 de decembro, a festividade da Noite da Luz, para conmemorar a onomástica de Santa Lucía, o día de menos luz do ano, coincidindo co solsticio de inverno. O Padroado da Cultura do Concello de Narón organiza os actos conxuntamente coa Asociación de Veciños Rosa dos Ventos, da parroquia de Sedes.
As actividades comezarán nas inmediacións do recinto feiral do Trece ás 18.30 horas, coa saída da Comitiva da Luz desde a capela de Santa Lucía ata o monte Esperón, onde se prenderá a roda da luz, sobre as 19.15 horas.
O programa continuará desenvolvéndose ás 20.00 horas no Centro Cívico Social de Sedes, onde se representarán as obras de teatro “Historias corrientes”, a cargo de Quino e compañía, e “O último tren”, do Grupo de Teatro da Fundación Terra de Trasancos, do Val. A música formará tamén parte desta xornada festiva, que contempla a actuación, a partir das 21.00 horas, do grupo de música tradicional Os Campantes da Baña. Tamén haberá no Centro Cívico Social de Sedes un petisco comunitario para os asistentes.
Desde o Concello recordouse que este ano a iniciativa terá tamén fins solidarios, polo que todas aquelas persoas que poidan doar alimentos non perecedeiros e xoguetes –novos ou de segunda man- disporán dun espazo no que depositalos. Todas as doazóns serán entregadas ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal