Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PLENO APROBA SOLICITAR Á DEPUTACIÓN DA CORUÑA UNHA SUBVENCIÓN DO PLAN DE ACCIÓN SOCIAL 2015
O importe da axuda a destinar a varios investimentos na localidade ascende a 830.132 euros
Narón, 14 de decembro de 2015. O Concello solicitará con cargo ao Plan de Acción Social (PAS) 2015 da Deputación da Coruña unha subvención por un importe total de 830.132 euros, unha cantidade que se destinará a executar investimentos en materia de melloras de accesibilidade, acondicionamento de prazas públicas, mantemento de instalacións municipais, melloras de seguridade vial e de eficiencia enerxética. Os edís do grupo de goberno –TEGA, PSOE e BNG- obtiveron o respaldo dos cinco concelleiros do PP e do edil de EU para aprobar esta proposta no pleno extraordinario. No que respecta aos investimentos financieiramente sostibles de carácter social contémplanse as obras de melloras de accesibilidade e seguridade vial en accesos a centros sociais nas rúas Foro, Río Sil e Río Masma, entre outras, por importe de 97.309,11 euros; reforma de elementos de accesibilidade e seguridade vial na rúa Concepción Arenal e na Praza da Gándara, valoradas en 92.990,91 euros; traballos de adaptación en vías de evacuación nos pavillóns polideportivos de Campo da Serra, As Lagoas e Piñeiros, orzamentados en 49.092,24 euros; o acondicionamento da praza do colexio de Xuvia, por 95.449,68 euros e actuacións de reforma e mantemento no Auditorio, no Pazo da Cultura e na Casa da Cultura, valoradas en 163.237,60 euros. En total, as actuacións contempladas neste apartado ascenden a 498.079,54 euros. A maiores destes investimentos executaríanse con cargo ao PAS 2015 melloras de seguridade vial na travesía Garda Civil, María Vieito e rúa Neda, por importe de 32.055,28 euros; e melloras de eficiencia enerxética na iluminación pública das Vivendas da Marina e no seu contorno -184.999,32 euros- e nas Vivendas do Bispo e nas rúas Concepción Arenal e Bispo Argaya -114.998,40 euros-. Neste segundo apartado doutros investimentos financieiramente sostibles investiríanse 332.053 euros. Ademais da aprobación da participación no Plan de Acción Social 2015 da Deputación da Coruña saiu adiante o Plan complementario no que figura o proxecto de acondicionamento de pasos peonís nas avenidas das Solaina e Souto Vizoso e na Gándara, por importe de 43.799,10 euros.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal