Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
FOMENTO ABRIRÁ OS RAMAIS QUE CONECTAN XUVIA E A GÁNDARA COA AP-9 ESTA PRIMAVERA
Responsables do Ministerio confirmaron ó Concello que a apertura dos ramais da AP 9 en dirección a Xuvia-O Couto e A Gándara realizarase nesta primavera, e de xeito simultáneo.
Narón, venres 11 de Xaneiro de 2008.- O Alcalde de Narón, Xoán Gato, e o Concelleiro de Obras, Carlos Ramil, mantiveron onte unha reunión na Demarcación de Estradas de Galicia con responsables do Ministerio de Fomento e delegados da obra e da empresa constructora. Na xuntanza, os políticos locais ensinaron un dossier con 15 puntos no que se detallan unha serie de cuestións relacionadas coa construcción dos ramais da autoestrada AP 9 en dirección a Xuvia-O Couto e A Gándara. Trátase fundamentalmente de problemas causados pola realización destos traballos, así como melloras complementarias da propia obra. Alguns dos temas tratados foron o acceso a oito fincas de A Gándara que quedan ailladas por mor dos ramais, o alumeado e sinalización nos pasos subterráneos, a baixada ó Mosteiro do Couto, a posibilidade de construir unha rotonda no enlace da AP 9 coa Estrada de Castela, a unión do paseo marítimo de Xuvia co futuro paseo de As Aceñas, e o acondicionamento do entorno da gardería municipal de A Gándara. No entorno do Mosteiro do Couto, o Concello comprométese a dotar de beirarrúas e alumeado público esta zona, e Fomento realizará a canalización das augas pluviais. Tamén nesta zona se arranxarán os problemas que xurdiron nun grupo de chalets, onde apareceron grietas a causa destas obras. Membros da empresa constructora reuniranse nos próximos días coa aseguradora, para fixar as indemnizacións que cobrarán os propietarios. Nesta zona tamén está prevista a instalación de pantallas vexetais para reducir o impacto ambiental dos ramais, así coma a cubrición dun tubo de desagüe de augas pluviais de grandes dimensións que desemboca na propia urbanización. Os responsables municipais volveron a pedir hoxe a Fomento que constrúa unha rotonda de acceso ó ramal na Estrada de Castela, á altura de Xuvia. O Concello tratará de reordenar o tráfico nesta zona, especialmente agora que a Xunta ofrécelle a propiedade desta estrada –dende a ponte das Cabras ata a ponte de Neda-. “A entrada en servicio do ramal da autopista permitirá transformar a Estrada de Castela nun bulevar comercial, deixando o casco urbán sen tráfico pesado e mellorando a calidade de vida dos cidadáns”, explicou o Alcalde. O Concelleiro de Obras, Carlos Ramil, engadiu que tanto os pasos subterráneos coma os elevados estarán iluminados, e que a sinalización vertical e horizontal das incorporacións e saídas dos ramais se realizará do mellor xeito posible. Para iso, o Concello ofreceu hoxe a Fomento a axuda da Policía Local, co fin de realizar un traballo o máis axustado á realidade posible. O resultado da reunión foi valorado polo Alcalde como moi positivo, toda vez que Fomento correrá cunha parte do custe destas obras e o propio Concello asumirá outro tanto. Ademáis, os responsables de Fomento explicaron que a apertura dos ramais de Xuvia-O Couto e A Gándara se realizará esta primavera, e de forma conxunta.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal