Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ESCOLARES DO COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL VISITARON O CONCELLO
ESCOLARES DO COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL VISITARON O CONCELLO
Un total de vinte e seis alumnos e alumnas do centro naronés percorreron algunas estancias do Consistorio e reuníronse co alcalde, José Manuel Blanco, no salón de plenos
Narón, 16 de decembro de 2015. Un total de vinte e seis alumnos e alumnas de quinto curso de Primaria do colexio Santiago Apóstol de Narón visitaron o Concello. Os escolares estiveron acompañados por unha mestra e tiveron a oportunidade de coñecer varias estancias da administración local e tamén de reunirse co alcalde, José Manuel Blanco, ao que lle realizaron diversas preguntas durante a súa estancia no salón de plenos municipal.
Os nenos e nenas coñeceron a través da proxección dun video algún dos aspectos do funcionamento da administración local. Así mesmo, interesáronse polo traballo que desenvolve a diario o alcalde, José Manuel Blanco, no Concello, polos seus hobbies e tamén polo seu desembarco na vida política, entre outros moi diversos asuntos. Como agasallo institucional recibiron un bolígrafo e unha gorra, que despois pediron que lles asinaran tanto o rexedor local como a primeira tenente de alcalde e edil de Cultura, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, presentes tamén na visita ao salón de plenos.
Outro grupo de vinte e cinco alumnos do mesmo centro, tamén de quinto curso de Primaria, visitarán mañá o Concello a partir das 9.45 horas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal