Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ O 19 DE DECEMBRO UN CONCERTO DE SUSANA SEIVANE
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ O 19 DE DECEMBRO UN CONCERTO DE SUSANA SEIVANE
A gaiteira interpretará varios temas do seu quinto disco, Fiz
Narón, 17 de decembro de 2015. A gaiteira e cantante Susana Seivane –nacida en Barcelona aínda que de ascendencia galega- dará un concerto o día 19 de decembro no Pazo da Cultura. A música folc tradicional de Seivane chega a Narón con temas do seu quinto álbum, Fiz, inspirado na súa maternidade e que leva o nome do seu primeiro fillo, nacido en 2013. A actuación comezará ás 20.00 horas e terá unha duración aproximada de hora e media, tempo no que a gaiteira fará gozar aos asistentes cun amplo repertorio de pezas tradicionais e de autor, interaccionando co público.
As entradas poden adquirirse na taquilla do Pazo a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 euros para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. O horario de despacho de billetes é de luns a venres, entre as 10.30 e as 14.00 horas e de 18.00 a 20.30 e os sábados de 10.00 a 13.00 e desde as 17.00 ata as 20.00 horas. Poden tamén facerse reservas chamando ao número de teléfono da taquilla, o 981 102 897.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal