Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SUSPENDE ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE DEBIDO Á ALERTA LARANXA POR FORTES VENTOS
A cancelación dos eventos fíxose efectiva ás doce do mediodía e manterase ata as dez da noite de hoxe
Narón, 19 de decembro de 2015. O Concello de Narón anunciou a suspensión de todas as actividades que estaban programadas nas instalacións deportivas municipais ao aire libre no día de hoxe con motivo da alerta laranxa por fortes ventos. O equipo de Emerxencias Narón informou onte aos responsables de todos os clubes da localidade, tal e como apuntou o edil da área, Román Romero, que recordou que a citada alerta manterase ata as dez da noite de hoxe. Así mesmo, quedan suspendidos todos os actos programados para esta tarde con motivo da sétima edición da Xornada Moteira Solidaria organizada polo Moto Club Fojeteiros en colaboración coa Concellería de Acción Social. As cinco food trucks que participan no Narón Street Food Festival –hoxe e mañá na Praza de Galicia- permaneceron abertas esta mañá ao estar ubicadas nunha zona resgardada pero a organización e os titulares dos restaurantes móviles están en permanente contacto con Protección Civil por se resultase tamén necesario cancelar este evento no tempo establecido da alerta laranxa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal