Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
"O APALPADOR" VISITARÁ O LOCAL SOCIAL DE SAN MATEO
O tamén coñecido como "Apalpabarrigas" estará no local social da parroquia este mércores, día 23, a partir das cinco da tarde
Narón, 21 de decembro de 2015. A Agrupación Veciñal de San Mateo e a Escola de Ensino Galego Semente organizan, coa colaboración do Concello de Narón, unha visita do “Apalpador” ao local social de San Mateo. A cita será este mércores, día 23, a partir das 17.00 horas, e estará cargada de sorpresas para os nenos e nenas, que ademais de ver ao tamén coñecido como “Apalpabarrigas” poderán gozar dunha xornada de música, xogos e unha merenda, que será de balde para todos os asistentes. Os organizadores do evento animan á veciñanza a desprazarse o día 23 ata o local social da citada parroquia para asistir a esta actividade programada con motivo das festas de Nadal, época na que se deixa ver este xa mítico personaxe galego que se caracteriza por ir tocando as barrigas dos nenos e nenas para ver se comeron dabondo durante o ano e tamén deixarlles algúns agasallos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal