Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
INICIO DAS CLASES DO "I CAMPUS TECNOLÓXICO NARÓNTECH" NA AULA CEMIT DE XUVIA
INICIO DAS CLASES DO
Trinta nenos e nenas participan nas sesións, que continuarán desenvolvéndose os días 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro en horario de mañá e tarde
Narón, 21 de decembro de 2015. Os trinta rapaces e rapazas que obtiveron praza no “I Campus Tecnolóxico Naróntech” comezaron hoxe as clases na Aula Cemit de Xuvia, localizada no antigo Concello. Ata alí se desprazou esta mañá a edil de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, que saudou aos participantes nesta actividade que se desenvolve por primeira vez na localidade. A edil explicou que esta iniciativa supón ás arcas locais un desembolso de 2.940 euros -98 euros por participante- financiados íntegramente nesta ocasión polo Concello ao tratarse dun programa piloto.
As clases continuarán mañá e tamén os días 23, 28, 29 e 30 de decembro, en dúas quendas en horario de maña e de tarde –entre as 10.00 e as 14.00 e de 16.00 a 20.00- en función das idades do alumnado, divididos en dous grupos: os de 8 a 10 e os de 11 a 14 anos.
“Trátase dunha proposta formativa diferente ás que viñamos organizando ata o momento desde o Concello. Co Campus Tecnolóxico Naróntech apostamos pola innovación e a actualidade, xa que os participantes terán a oportunidade de fomentar a súa creatividade en materia informática”, explicou a edil. O alumnado desta actividade recibirá formación sobre robótica, programación de videoxogos e de Minecraft, entre outras temáticas a abordar durante as sesións deste campus.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal