Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ACOLLEU A ENTREGA DOS AGASALLOS DA CAMPAÑA MUNICIPAL "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
O CONCELLO ACOLLEU A ENTREGA DOS AGASALLOS DA CAMPAÑA MUNICIPAL
O sorteo repartiu cinco carros de compra e unha cesta con productos de Nadal
Narón, 21 de decembro de 2015. Os gañadores da segunda quenda de sorteos da campaña municipal “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, recolleron os seus premios no Concello. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, felicitou aos gañadores dos sorteos realizados a última semana e animounos a continuar mercando nos comercios locais, apostando polas múltiples posibilidades e a calidade que ofrece o sector no municipio.
Os cinco carros de compra con produtos de Nadal foron para Carlos Gutiérrez, Bernadette Román, Carlos Calvo, Carmen Villar e Mónica Dopico, que resultaron premiados coas papeletas depositadas nos establecementos Ferretería Fir, Calzados Star, Accesorios Jufín, La Tienda de Chelo e Aelectro Sensor, respectivamente. A cesta sorteada nesta ocasión foi para Alfonso Ramos, grazas a unha papeleta depositada no establecemento Parafarmacia Andoriña.
O vindeiro día 28 de decembro procederase a realizar unha nova entrega de catro carros e unha cesta con produtos de Nadal e a última programada nesta campaña municipal será o día 4 de xaneiro. As persoas que realicen compras nos establecementos adheridos a esta iniciativa terán a oportunidade de recibir algún destes agasallos ao cubrir as papeletas que se entregan ao realizar o pago e depositalas nas urnas habilitadas para os sorteos. Para consultar os establecementos adheridos e as actividades programadas con cargo a esta campaña pódese consultar a páxina: www.comerciodenaron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal