Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE CULTURA PROGRAMA VARIOS ESPECTÁCULOS PARA O PÚBLICO FAMILIAR E INFANTIL DURANTE O NADAL
As funcións desenvolveranse entre o 22 de decembro e o 3 de xaneiro
Narón, 21 de decembro de 2015. O Pazo da Cultura de Narón acollerá este mes de decembro unha variada programación dirixida maioritariamente ao público infantil con motivo destas datas de Nadal. Así o anunciou a concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, que destacou a calidade das actuacións que se sucederán nas citadas instalacións culturais municipais desde o 22 de decembro ata o vindeiro 3 de xaneiro. “O teatro, a música e a maxia protagonizarán os diferentes actos, aínda que a danza ocupará un lugar especial a principios de ano, cun espectáculo dirixido a adultos”, avanzou a edil, animando á veciñanza a acudir a estas citas aproveitando estas festas e este periodo de vacacións escolares. A compañía Nacho Vilar Producciones estará o día 23 no Pazo da Cultura, representando a obra “El mago de Oz”, no que a música ocupará un papel protagonista. A programación continuará, tal e como explicou a concelleira de Cultura, o día 28 de decembro co show “Volta á maxia”, de Dani García, pensado para o público familiar e infantil. O día 29 a compañía Monicreques de Kukas representará a obra “A frauta máxica no Maxín”, un espectáculo dunha hora de duración e a programación deste mes rematará o día 30 con Borobil Teatroa, que representará a comedia “Alí Babá”. O prezo da entrada para os citados espectáculos, que comezarán todos ás 18.00 horas, é de 9,50 euros para público en xeral e 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. O programa deseñado desde a Concellería de Cultura para o Nadal rematará o 3 de xaneiro co ballet “El Lago de los Cisnes”, unha cita pensada xa para un público adulto e a cargo de Concerlírica. O espectáculo, de algo máis de dúas horas de duración, comezará ás 19.00 horas e o prezo das entradas é de 22 euros para público en xeral e de 15.40 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal