Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A AMPLIACIÓN DO POLÍGONO DE RIO DO POZO CREARÁ 650 POSTOS DE TRABALLO
A AMPLIACIÓN DO POLÍGONO DE RIO DO POZO CREARÁ 650 POSTOS DE TRABALLO
O Concello recibiu 77 solicitudes correspondentes a 90 parcelas susceptibles de compra no Sector IV do parque empresarial. A inversión total acércase ós 86 millóns de euros.
Narón, luns 21 de Xaneiro de 2008.- O Concello de Narón confirmou que as empresas que mercarán suelo industrial no sector IV de Río do Pozo crearán a corto prazo 650 novos postos de traballo, cifra que se ampliará a medida que se execute a venta das parcelas restantes. Pechado xa o primeiro prazo de solicitudes, contabilizáronse 77 peticións correspondentes a 90 parcelas susceptibles de compra no polígono de Río do Pozo.

A demanda de superficie suma máis do 38% do total, o que se traduce en 250.000 metros cadrados, e no 63% das parcelas disponibles. A maioría destas empresas adicaranse a traballos relacionados coa construcción en xeral, a electricidade, e a construcción naval. A inversión total prevista por tódalas empresas solicitantes de parcelas no sector IV ascende a 85.988.498 €.

Unha vez que se adxudiquen as parcelas e se executen os proxectos, a posta en funcionamento das novas empresas suporá un coste aproximado de 130.000 euros por cada posto de traballo de nova creación.

O primeiro prazo de presentación de solicitudes para mercar as parcelas do Sector IV do polígono de Río do Pozo rematou o pasado 15 de xaneiro. A SEPES comprometeuse a estudiar os proxectos e resolver a subasta das parcelas no prazo dun mes. Non obstante, os empresarios interesados en mercar parcelas no Sector IV poden presentar a súa solicitude na propia SEPES ou ben no rexistro xeral do Concello de Narón.

Un dos grandes proxectos interesados en asentarse en Narón é o de unha empresa adicada á instalación de paneis de silicio, para producir enerxía fotovoltaica. Outra solicitude destacada é a de unha empresa de biodiesel, que invertirá 24 millóns de euros e fabricará máis de 200.000 toneladas deste combustible, feito a base de resinas. O obxectivo da empresa -que pediu unha parcela de 20.000 metros cadrados- é asentarse e comenzar a actividade industrial neste ano 2008.

A superficie total desta nova fase do polígono ascende a 653.236 m2 de superficie industrial, divididos nun total de 144 parcelas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal