Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADOS OS DIPLOMAS DE BRICOLAXE PARA MULLERES E COCIÑA CORRESPONSABLE PARA HOMES
As actividades, nas que participaron 76 persoas, enmárcanse no programa municipal de Envellecemento Activo
Narón, 22 de decembro de 2015. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron no Concello os diplomas do Obradoiro Interxeracional de Cociña corresponsable para homes, con 44 participantes e os dos talleres de Bricolaxe para mulleres, con 32 alumnas. Os representantes do goberno local felicitaron ás persoas que participaron nestas dúas convocatorias impulsadas desde o Concello e desenvolvidas en diferentes centros comunitarios da localidade desde o pasado mes de maio. Estas dúas propostas formativas –gratuítas para o alumnado- enmárcanse no programa municipal de Envellecemento Activo, que ten entre os seus obxectivos o de impulsar accións educativas que permitan fomentar a coeducación e a corresponsabilidade. No caso dos Obradoiros de Bricolaxe para mulleres, as alumnas tiveron a oportunidade de aprender a manexar diversas ferramentas, realizar tarefas básicas de fontanería e electricidade, entre outras. No obradoiro de Cociña corresponsable para homes os alumnos adquiriron coñecementos básicos sobre nutrición e destrezas no eido da cociña.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es