Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE ACCIÓN SOCIAL PRECISA VOLUNTARIOS PARA CLASIFICAR OS XOGUETES QUE SE REPARTIRÁN NO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS
As persoas que poidan colaborar deben cubrir unha instancia no Servizo Sociocomunitario ou nas intalacións do Centro de Recursos Solidarios, no polígono de Río do Pozo
Narón, 22 de decembro de 2015. A concelleira de Acción Social, Catalina García, solicita a colaboración dos veciños e veciñas na campaña de Nadal organizada polo Concello para que ningún neno ou nena se quede sen xoguetes nestas festas. A edil explicou que no Centro de Recursos Solidarios de Narón se agradece toda a axuda posible para revisar e clasificar os xoguetes que se doaron e que o vindeiro día 30 de decembro se entregarán ás familias con menos recursos que os solicitaron formalmente a través do Servizo Sociocomunitario. As persoas interesadas en colaborar nas citadas tarefas deben presentarse nas instalacións do Centro de Recursos Solidarios, ubicado nunha nave da parcela 23 da avenida Gonzalo Navarro, no polígono industrial de Río do Pozo (ao lado da antiga firma Vidrieras Alvariño), entre as 10.00 e as 13.00 e de 16.30 a 19.00 horas. Previamente é preciso cumplimentar un documento cos datos persoais que se pode recoller no Servizo Sociocomunitario –primeiro andar do Concello- ou nas instalacións do propio Centro de Recursos Solidarios.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal