Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
AS ORDENANZAS FISCAIS DE 2016 ENTRARÁN EN VIGOR O 1 DE XANEIRO AO DESESTIMARSE NO PLENO AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS
AS ORDENANZAS FISCAIS DE 2016 ENTRARÁN EN VIGOR O 1 DE XANEIRO AO DESESTIMARSE NO PLENO AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS
Haberá rebaixas no IBI, aumentarán as bonificacións a familias con menos recursos e concederanse máis axudas aos emprendedores
Narón, 22 de decembro de 2015. As dúas alegacións presentadas por Eliximos Narón Electores ás ordenanzas fiscais reguladoras do Imposto sobre Bens Inmobles e da taxa por subministración de auga potable –numeros 2 e 9, respectivamente- foron rexeitadas no pleno extraordinario cos votos dos edís do grupo de goberno –TEGA, PSOE e BNG- e do Concelleiro de EU, se ben os catro edís do PP presentes na sesión se abstiveron.
O segundo punto da orde do día, sobre a modificación, imposición e ordenación da ordenanza reguladora da taxa por utilización privativa e aproveitamentos especiais constituídos no chan, subsolo ou voo da vía pública a favor de empresas de subministración –ordenanza fiscal número 25- aprobouse por unanimidade. Esta variación implica que se exceptúan do réxime sinalado, ademais dos servizos de telefonía móbil, “os operadores de comunicacións electrónicas en xeral que non sexan titulares das redes de subministración”, tal e como figurará agora no documento.
As ordenanzas fiscais do Concello de Narón publicaranse a través dos cauces oficiais nos vindeiros días e pasarán a entrar en vigor o 1 de xaneiro de 2016. O pasado mes de outubro aprobouse no pleno ordinario a modificación das ordenanzas e prezos públicos para o vindeiro ano, o que permitirá, entre outras medidas, baixar o coeficiente do IBI ao 0,66 –cando o Plan Económico Financieiro contemplaba unha baixada ata o 0,68-, incrementar as bonificacións de taxas ás familias con menos recursos e bonificar as licencias de apertura nun 15% a todos aqueles emprendedores que poñan en marcha na localidade pequenos e medianos negocios.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal