Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÚSICA, XOGOS E MOITAS SORPRESAS NA PROGRAMACIÓN DE NADAL QUE SE DESENVOLVERÁ EN DECEMBRO NO MUNICIPIO
As prazas de Galicia e do antigo Concello de Xuvia e o Pazo da Cultura acollerán parte das actividades
Narón, 23 de decembro de 2015. Boa parte dos actos da programación de Nadal deseñada polo Concello desenvolveranse durante os vindeiros días no termo municipal. A primeira das citas desta semana será o día 24 de decembro, xornada na que os nenos e nenas poderán gozar dunha gran Festa Infantil que se celebrará na Praza de Galicia desde as 16.00 ata as 20.00 horas, na que non faltarán os xogos, os inchables e a música. Para completar a convocatoria, ás 18.30 horas chegará Papa Noel á festa, que conversará animadamente cos máis pequenos da casa. As actividades que se sucederán nos vindeiros días están organizadas polas concellerías de Festas e de Ensino, á fronte das que están as edís Mar Gómez e Mercedes Taibo. A programación continuará o día 25 na praza do antigo Concello, en Xuvia, cun concerto instrumental de panxoliñas para ambientar o Nadal que dará comezo ás 11.00 horas. Esa mesma ubicación será na que se atopen os particulares personaxes dos Minions entre as 11.00 e as 13.00 horas, tempo no que se divertirán bailando ao ritmo da animada música e fotografiándose con todos cantos queiran inmortalizar o momento. Na xornada do sábado, día 26, terá lugar o Narón Rock Festival. Esta cita musical será na Praza de Galicia, a partir das 21.30 horas, e na mesma sucederanse as actuacións dos grupos La piel del oso, Pölisong, Barrock, Riff Raff e Los Claretes. Tamén o sábado terá lugar no Pazo da Cultura o tradicional concerto de Fin de Ano da Banda de Música de Sementeira, a partir das 19.30 horas. O domingo, día 27, continuará a actividade na Praza de Galicia, onde estará a familia ao completo dos Bolechas –formada por seis irmáns e o seu can, Chispa- que xunto cos nenos e nenas gozarán de diversas actividades – obradoiros de debuxo, cine, ludoteca, música- entre as 17.00 e as 19.00 horas. Ao longo da tarde sortearanse varios agasallos destes recoñecidos personaxes entre os asistentes para premiar a súa participación neste evento festivo. O luns día 28, entre as 18.00 e as 19.00 horas terá lugar a actividade “O Nadal coas Maimiñas”, con Mai e Miña, dúas amigas que viven un sinfín de aventuras con Zalo, un caballo que soña con deixar de ser un animal. Trátase dun espectáculo musical dirixido a nenos e nenas de 0 a 10 anos e ás súas familias.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal