Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UN TOTAL DE QUINCE EMPRESAS PRESENTARON AS SÚAS OFERTAS PARA AS OBRAS DO CENTRO DE DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURAL DE PEDROSO
UN TOTAL DE QUINCE EMPRESAS PRESENTARON AS SÚAS OFERTAS PARA AS OBRAS DO CENTRO DE DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURAL DE PEDROSO
A intervención proxectada na antiga reitoral de Pedroso estará rematada no verán de 2016
Narón, 23 de decembro de 2015. Un total de quince empresas presentaron as súas ofertas para a execución das obras do Centro de Dinamización Sociocultural de Pedroso, licitadas en 360.948,69 euros, unha cantidade que sufragarán a Deputación da Coruña –aportará o 80% do total, en base a un convenio froito das xestións realizadas polo goberno local coa citada administración no anterior mandato- e o Concello –que desembolsará o 20% restante-. A intervención proxectada permitirá recuperar a antiga reitoral de Pedroso, que no verán de 2016 se prevé que estea habilitada como centro sociocultural para uso dos veciños e veciñas, tal e como recordou o alcalde, José Manuel Blanco, que incidiu ademais en que as obras responden a unha demanda realizada pola veciñanza da parroquia e que o goberno local se comprometeu a executar.
As empresas que optan á realización das obras son: Obras y Viales de Galicia (Oviga), CyS Hispania SL, Gecoga Construcciones y Proyectos SL, Construcciones Abal SA, Desarrolla Obras y Servicios, Vilamiño Construcciones, Huso 29, Armacón, Francisco Gómez y Cía., Servinor, Fonsán Gestión y Construcción, Construcciones Guerreiro Somozas SL, Construcciones Canosa SL, Orega Construcción&Servicios e Copcisa. A adxudicación terá lugar a principios do vindeiro ano e o prazo máximo de execución fixado nas bases da licitación é de oito meses.
Os traballos proxectados na antiga reitoral de Pedroso –cunha superficie construída de 417,47 metros cadrados e útil de 284,42- permitirán acondicionar na planta baixa unha cafetería cunha cociña e destinar o primeiro andar a dous locais para asociacións da parroquia. A segunda planta da actual construción demolerase para reconstruír o edificio tal e como figuraba no proxecto orixinal, dos anos 30 –con baixo, unha planta e baixocuberta- e adaptalo á tipoloxía da zona rural. O baixocuberta da nova edificación utilizarase como arquivo e poderá ter algunhas outras funcións. Como novidade, construiranse dous bloques anexos á planta baixa, para os accesos –escaleiras e ascensor-, oficinas, aseos, sala multiusos, almacén e un cuarto para as instalacións. Con esta actuación gañarase unha superficie duns 130 metros cadrados.
O proxecto contempla ademais o acondicionamento da parcela na que se localiza a antiga reitoral, dunha superficie de 800 metros e para a que se prevén varios usos, entre eles lúdicos e festivos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal