Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS GAÑADORES DO TERCEIRO SORTEO DA CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO LOCAL RECOLLERON OS SEUS PREMIOS NO CONCELLO
OS GAÑADORES DO TERCEIRO SORTEO DA CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO LOCAL RECOLLERON OS SEUS PREMIOS NO CONCELLO
A iniciativa repartirá aínda catro carros e unha cesta con produtos navideños e catro vales de compra por un importe conxunto de 1.600 euros
Narón, 28 de decembro de 2015. O Concello de Narón acolleu o acto de entrega de catro carros e unha cesta con produtos de Nadal da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, impulsada pola Concellería de Promoción Económica, que dirixe o edil Pablo Villamar, e pola Asociación de Comercio de Narón, representada por Olga Ameneiro. Neste sorteo, o terceiro desta iniciativa nas últimas semanas, resultaron premiados cos carros con produtos de Nadal: Verónica López, Ana Belén Pena, Charo López e José Luis Rey, que depositaron as papeletas que recibiron coas súas compras nos establecementos: El globo, Zapatería Ivani, El búho azul e Bioreona, respectivamente. A gañadora da cesta cun lote de produtos navideños foi Mónica Seijas, cunha papeleta depositada no establecemento Mi Nené.
O edil de Promoción Económica felicitou a todos os premiados e animounos a continuar realizando as súas compras nos comercios locais, así como a seguir participando nos sorteos que os vindeiros días se celebrarán no marco desta campaña de comercio. Pola súa parte, Olga Ameneiro agradeceu a colaboración do Concello co sector, tanto no Nadal como noutras épocas do ano, e destacou a importancia deste tipo de convocatorias para o pequeño e mediano comercio de Narón.
A campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre” terá continuidade o día 31 co sorteo doutros catro carros e unha cesta con produtos de Nadal, que se entregarán o día 4 de xaneiro do vindeiro ano no Concello. Así mesmo, o día 14 terá lugar o sorteo de catro vales de compra, dous por importe de 500 euros e outros dous de 300 euros, que os gañadores deberán gastar nos comercios adheridos a esta campaña. O gasto deberá realizarse os días 20 e 21 de xaneiro do próximo ano e os gañadores estarán acompañados por persoal da organización do evento no momento en que realicen as pertinentes compras con cargo aos vales. Con cada adquisición realizada nos establecementos adheridos á campaña continuarán entregándose papeletas para cubrir e depositar nas urnas habilitadas a tal fin, co que aínda se está a tempo de participar nesta campaña de promoción do comercio local. Para obter máis información e consultar os establecementos que participan na iniciativa pódese consultar a páxina web: www.comerciodenaron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal