Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O TEATRO E A MÚSICA CENTRAN A PROGRAMACIÓN NAVIDEÑA QUE PECHARÁ A CABALGATA SOLIDARIA O 5 DE XANEIRO
O TEATRO E A MÚSICA CENTRAN A PROGRAMACIÓN NAVIDEÑA QUE PECHARÁ A CABALGATA SOLIDARIA O 5 DE XANEIRO
As actividades desenvolveranse maioritariamente no Pazo da Cultura e na Praza de Galicia, espazo este último onde terá lugar a festa para dar a benvida ao novo ano tralas campanadas
Narón, 28 de decembro de 2015. As actividades programadas polo Concello de Narón con motivo das festas de Nadal continuarán desenvolvéndose ao longo desta semana e ata o vindeiro 5 de xaneiro. O día 28 ás 18.00 horas o auditorio municipal acolleu o espectáculo musical “O soño de Zalo”, a cargo de As Maimiñas –a actividade, prevista inicialmente na Praza de Galicia, trasladouse a un espazo cuberto debido á alerta por temporal-. Tratouse dunha convocatoria de balde organizada desde a Concellería de Ensino e dirixida a nenos e nenas de entre 0 e 10 anos e ás súas familias na que Mai e Miña, as protagonistas da historia xunto co seu can Zalo, contaron un sinfín de divertidas aventuras. Tamén o 28 Pazo da Cultura albergou unha actividade, neste caso un espectáculo de maxia que protagonizou Dani García, a partir das 18.00 horas e dirixido ao público familiar e infantil. As entradas custaban 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.
O Pazo será de o día 29 o escenario no que se desenvolverán novas actividades culturais. A compañía Os Monicreques de Kukas representará “A frauta Máxica do Maxín”, unha peza destinada ao público familiar e infantil que ten unha duración dunha hora e na que a música xoga un papel fundamental. O mércores día 30 continuará o teatro no Pazo da Cultura. Nesa ocasión a compañía Borobil Teatroa representará “Alí Babá”. Estes dous actos comezarán ás 18.00 horas e as entradas a cada un deles custan 9,50 euros ao público en xeral e 6,65 a aquelas persoas que poidan acollerse a algún desconto.
A música retomarase de novo tralas campanadas de Fin de Ano e a praza de Galicia acollerá a tradicional festa coa que celebrar a chegada de 2016. Baixo unha gran carpa actuarán as orquestras New York e Imperium Road Show e o DJ Donper, a partir das 00.30 horas do 1 de xaneiro. A convocatoria tamén é de balde.
O día 3 de xaneiro haberá tamén actividades para os nenos e nenas e para os adultos. A Praza de Galicia acollerá unha nova Festa Infantil, desde as 16.00 ata as 20.00 horas, con xogos, animación, inchables e moitas sorpresas para os menores. A partir das 19.00 horas a oferta diversificarase no Pazo da Cultura, coa actuación de Concerlírica, que protagonizará o ballet “El lago de los cisnes”. As entradas ao espectáculo –de algo máis de dúas horas de duración- custan 22 euros para o público en xeral e 15,40 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.
A última das actividades programadas polo Concello para este Nadal é a Cabalgata Solidaria que o día 5 de xaneiro partirá de Xuvia ás 16.00 horas. Da comitiva, formada por trece carrozas –unha procedente de cada parroquia do municipio e outra do Centro de Recursos Solidarios, que levará alimentos- formarán parte os tradicionais Reis Magos e tamén o Mago Artabán e irá percorrendo distintas ubicacións das zonas rural e urbana de Narón



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal