Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CIDADE DE NARÓN E O COFERSA - O PARRULO DISPUTARÁN UN PARTIDO PARA RECADAR ALIMENTOS PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
O evento terá lugar o sábado, día 2, no pavillón polideportivo da Gándara a partir das oito da tarde
Narón, 28 de decembro de 2015. O Club Cidade de Narón e o Centro de Recursos Solidarios (CRS) convocan –coa colaboración do Concello e o Padroado de Deportes, entre outras entidades- a segunda edición das “Xornadas Solidarias Mari Carmen Caballero". O Cidade de Narón e o Cofersa - O Parrulo disputarán un partido este sábado, día 2 de xaneiro, no complexo polideportivo municipal da Gándara e as persoas que desexen asistir como público terán que entregar na entrada un quilo de alimentos que se doará ao CRS de Narón. A cita será ás oito da tarde, tal e como anunciou o concelleiro de Deportes, Román Romero, que presentou esta mañá o evento acompañado pola edil de Acción Social, Catalina García, o presidente do Club Cidade de Narón, José Ramón Padín, e o director deportivo do Parrulo, Iván López. Padín agradeceu a boa disposición do Concello de Narón ao colaborar nesta convocatoria e tamén a labor que realiza o Centro de Recursos Solidarios da localidade. O presidente do Cidade de Narón apuntou que unha hora antes do partido posarán para as fotos os integrantes das distintas categorías dos equipos do citado clube. Pola súa banda, o director deportivo do Parrulo comprometeu o apoio do clube neste tipo de eventos solidarios e aludiu á colaboración cidadá para tratar de recadar a máxima cantidade posible de produtos. Así mesmo, Padín agradeceu ao Comité de árbitros de fútbol sala a súa colaboración no evento, xa que doará en alimentos o importe resultante do que custaría o seu traballo nesta convocatoria deportiva. “O deporte e a solidaridade deben ir da man e nós por iso organizamos o ano pasado estas xornadas que pretendemos continuar organizando mentres sexa necesario, que ogallá non o fose”, indicou Padín. Pola súa banda, Román Romero subliñou que desde o Concello “estamos orgullosos de poder colaborar nestas xornadas” e animou á veciñanza de Narón e da comarca a respaldar esta convocatoria con fins solidarios. A edil de Acción Social sumouse a ese chamamento á asistencia ao partido e recordou que no Centro de Recursos Solidarios se precisan principalmente leite, aceite, cacao e azucre.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal