Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
VINTETRÉS ALUMNOS FINALIZARON CON ÉXITO TRES CURSOS DE FORMACIÓN ORGANIZADOS POLO CONCELLO
VINTETRÉS ALUMNOS FINALIZARON CON ÉXITO TRES CURSOS DE FORMACIÓN ORGANIZADOS POLO CONCELLO
Os títulos escollidos foron Construccións Metálicas, Dependente de Comercio e Carpinteiro
Narón, 29 de Xaneiro de 2008.- A Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Paloma González Cuevas, entregou onte no Concello os diplomas acreditativos ós participantes do programa municipal de formación, correspondentes ós cursos de iniciación ás Construccións Metálicas e a Dependente de Comercio (ambos cofinanciados polo Concello de Narón e a Fundación Caixa Galicia), e o curso de Carpinteiro do Plan FIP 2007 (cofinanciado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo). Catorce dos alumnos asistiron ó acto celebrado no Concello, e o resto non puido estar presente ó atoparse xa nos seus postos de traballo.

A Edil estivo acompañada polo Concelleiro Guillermo Sánchez Fojo, quen acudíu en representación do Alcalde, Xoán Gato. Tamén asistiron ó acto o secretario provincial da Consellería de Traballo, José García, e a responsable de comunicación da Fundación Caixa Galicia, Elena Cardona.

Paloma González, delegada de Emprego e Formación Laboral, recalcou a importancia destas acciones formativas desenvolvidas polo Concello, que permitiron un grado de inserción laboral de aproximadamente o 60% dos alumnos que iniciaron os cursos. Tamén Sánchez Fojo expresou o seu desexo de que “este curso os abra as portas do mercado laboral, e que poidades ser aínda máis útiles á sociedade do que sodes agora”, engadíu o concelleiro.

As tres accións formativas das que hoxe se entregaron diplomas estiveron dirixidas a desempregados/as. No caso do curso de dependente de comercio, as beneficiarias foron mulleres, mentres que o de construcción metálica e no de carpinteiro os destinatarios forno tanto homes coma mulleres.

Sánchez Fojo agradeceu a labor da Obra Social de Caixa Galicia no programa formativo municipal, e tamén abríu a man á Xunta para continuar no camiño da colaboración entre institucións de cara a mellorar a formación laboral dos desempregados, con iniciativas coma o Plan FIP. NEsta edición, o perfil dos alumnos esixíu un nivel alto de cualificación no sector da madeira. Neste caso o grado de inserción laboral chegou ata o 65% do total dos participantes.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal