Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
AS CARROZAS DA CABALGATA SOLIDARIA LEVARÁN ALIMENTOS E PRODUTOS DE HIXIENE PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
AS CARROZAS DA CABALGATA SOLIDARIA LEVARÁN ALIMENTOS E PRODUTOS DE HIXIENE PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
A cita será o día 5 de xaneiro, con saída das inmediacións da estación de FEVE en Xuvia ás 16.00 horas e chegada ás 17.30 á Praza de Galicia
Narón, 29 de decembro de 2015. O programa municipal Nadal Comunitario-Cabalgata Solidaria 2015 continúa desenvolvéndose estes días nas diferentes parroquias para que os veciños e veciñas ultimen as súas carrozas de cara á celebración, o vindeiro día 5, da Cabalgata Solidaria. “O obxectivo desta iniciativa é amosar aos nenos e nenas un Nadal diferente e centrado na solidaridade, razón pola que nos últimos días a veciñanza traballa na construción das carrozas coas que contará a cabalgata e nas que se levará unha parte dos alimentos e produtos de aseo recadados para os usuarios e usuarias do Centro de Recursos Solidarios de Narón”, explicou a edil de Acción Social, Catalina García.
As persoas que desexen colaborar poden dirixirse aos locais sociais das parroquias, onde se recollerán diferentes produtos en función das necesidades do Centro de Recursos Solidarios. Ata o día 4 de xaneiro –o 5 pola mañá recollerase a maior parte da recadación, ao non poder levar as carrozas todo o peso- pódense levar allos e cebolas aos locais sociais de Sedes e San Xiao; galletas aos de Castro e Doso; produtos de aseo persoal aos do Alto e O Val; chocolate e cacao aos da Solaina e San Mateo; tomate fritido aos do Couto e Piñeiros; produtos de limpeza ao da Gándara; conservas ao de Xuvia e patacas ao de Pedroso.
As carrozas representativas das parroquias irán acompañadas dunha máis, este ano como novidade, con alimentos para o Centro de Recursos Solidarios. Irán cargadas de alimentos e con Melchor, Gaspar e Baltasar, que estarán acompañados polo rei Artabán –o rei da solidaridade-. As carrozas partirán o martes día 5 das inmediacións da estación de FEVE en Xuvia, ás 16.00 horas cara á Praza de Galicia, a donde se prevé chegar ás 17.30 horas e donde os nenos e nenas do Concello poderán ver aos Reis Magos, que estarán baixo unha gran carpa.
Así mesmo, a edil de Acción Social recordou que na xornada de mañá se procederá a entregar no Centro de Recursos Solidarios os xoguetes doados por diferentes entidades e particulares nas últimas semanas, entre as catro e as oito da tarde. En total, apuntou García, acolléronse a esta convocatoria 62 familias da localidade –a través do Servizo Sociocomunitario-, o que permitirá entregar agasallos o día de Reis a un total de 111 nenos e nenas de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal