Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA DE GALICIA ACOLLE A FESTA DE FIN DE ANO ORGANIZADA POLO CONCELLO
A partir das 00.30 horas do día 1 actuarán as orquestras New York e Imperium Road Show e o DJ Donper
Narón, 30 de decembro de 2015. A carpa baixo a que se celebrará a festa para despedir o ano e dar a benvida ao 2016 está xa habilitada para que os veciños e veciñas poidan gozar, o día 1 de xaneiro a partir das 00.30 horas, pouco despois das campanadas, dunha gran festa na localidade. A edil de Festas e o Concelleiro de Obras, Mar Gómez e Pablo Mauriz, respectivamente, estiveron o día 30 na carpa ubicada na Praza de Galicia para ver o avance dos traballos de decoración do recinto, prácticamente rematados. Xunto á carpa de 4.000 metros cadrados de superficie hai outras dúas de menores dimensións –duns 250 metros cadrados cada unha- habilitadas como hall e zona de descanso e a escasos metros dúas casetas móbiles con aseos para homes e mulleres. A celebración contará coas actuacións das orquestras New York e Imperium Road Show e do DJ Donper, que amenizarán a convocatoria durante toda a noite. A edil de Festas, Mar Gómez, animou á veciñanza a sumarse a esta convocatoria, que conta cunha gran aceptación na localidade, para así “recibir xuntos os veciños e veciñas de Narón a chegada do ano 2016”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal