Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS GAÑADORES DO CUARTO SORTEO DA CAMPAÑA NAVIDEÑA DO COMERCIO DE NARÓN RECOLLERON OS SEUS PREMIOS NO CONCELLO
OS GAÑADORES DO CUARTO SORTEO DA CAMPAÑA NAVIDEÑA DO COMERCIO DE NARÓN RECOLLERON OS SEUS PREMIOS NO CONCELLO
A campaña repartiu xa dezaoito carros de compra e catro cestas con produtos de Nadal e entregará este mes dous vales de compra de 500 euros e outros dous de 300 euros
Narón, 4 de xaneiro de 2016. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, entregou xunto a representantes da Asociación de Comercio de Narón catro carros e unha cesta con produtos de Nadal, os últimos sorteados con cargo á campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, impulsada polo Concello. Os gañadores dos carros foron José Díaz, Milagros García, Estela Millán e Manuel López, cuxas papeletas resultaron elixidas nos establecementos Óptica Valero, Óptica La Gándara, Marijose e Yedra Interiorismo, respectivamente. A cesta foi para Verónica Fernández, premiada cunha papeleta depositada en Galerías Layme. O edil naronés felicitou aos premiados e animounos a seguir realizando as súas compras nos pequenos e medianos comercios locais, un sector que ofrece unha gran variedade de produtos no municipio.
A campaña de comercio de Nadal de Narón repartiu desde o seu inicio, o pasado mes de decembro, un total de 18 carros de compra cun valor de 100 euros cada un deles e catro cestas tamén con produtos de Nadal valoradas en 125 euros cada unha. A iniciativa inclúe ademais o sorteo de dous vales de compra por importe de 500 euros cada un e outros dous de 300 euros que terá lugar o día 14 de xaneiro, se ben a recepción no Concello aos últimos premiados nesta convocatoria está prevista para o día 16 deste mes, cunha entrega simbólica dos citados vales, que terán que gastar os días 19 e 20 de xaneiro nos comercios adheridos a esta campaña.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal