Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CABALGATA SOLIDARIA DE NARÓN ACOLLERÁ VARIOS ACTOS NA PRAZA DE GALICIA
O programa inclúe a saída dunha comitiva con doce carrozas de Xuvia ás 16.00 horas e chegada á Praza de Galicia ás 17.30 horas
Narón, 4 de xaneiro de 2016. Doce carrozas partirán mañá, día 5, ás 16.00 horas das inmediacións da estación de FEVE de Xuvia na Cabalgata Solidaria organizada polo Concello de Narón. Os tres Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, irán acompañados na comitiva polo rei da solidaridade, Artabán, e percorrerán un tramo da estrada de Castela, entre Xuvia e o Alto, ata chegar á Praza de Galicia, onde baixo unha carpa se celebrará unha gran festa dirixida ao público infantil. No caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan celebrar o desfile da comitiva pola estrada de Castela as actividades desenvolveranse tal e como están previstas na Praza de Galicia, a partir das 17.30 horas. O acto institucional comezará coa recepción a Melchor, Gaspar, Baltasar e Artabán, a partir das 17.30 horas, na Praza de Galicia, onde pronunciarán un pequeno discurso dirixido aos máis pequenos da casa. A continuación o nedense Dani Ríos cantará o vilancico “Narón brilla en Nadal”, acompañado polos asistentes, que tamén interpretarán unha panxoliña ensaiada nas últimas semanas nas parroquias por nenos e maiores. Finalizadas as actuacións os nenos e nenas poderán falar cos catro Reis Magos, que repartirán caramelos e gozar cos “cantabailes”, unhas sesións musicais dirixidas tamén ao público infantil. As doce carrozas transportarán parte dos alimentos e produtos de hixiene doados por particulares nas últimas semanas –nos locais sociais de todas as parroquias de Narón establecéronse puntos de recollida de produtos específicos- e que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón para repartilos nos vindeiros días entre as familias con escasos recursos económicos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal