Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO SUSPENDE O DESFILE DE CARROZAS DA CABALGATA SOLIDARIA E CENTRA O PROGRAMA NO PAVILLÓN DA CASA DA MOCIDADE DA GÁNDARA E NA PRAZA DE GALICIA
O CONCELLO SUSPENDE O DESFILE DE CARROZAS DA CABALGATA SOLIDARIA E CENTRA O PROGRAMA NO PAVILLÓN DA CASA DA MOCIDADE DA GÁNDARA E NA PRAZA DE GALICIA
As carrozas estarán de 16.00 a 17.00 horas no pavillón da Casa da Mocidade, na Gándara, e a recepción aos Reis Magos será ás 17.30 na Praza de Galicia, onde tamén haberá música e baile
Narón, 5 de xaneiro de 2016. O Concello de Narón suspende o desfile de carrozas da Cabalgata Solidaria previsto para esta tarde pola estrada de Castela debido á continuidade de fenómenos meteorolóxicos adversos e á previsión de que a situación non mellore de cara á presente xornada. A edil de Acción Social, Catalina García, explicou que tras unha reunión mantida esta mañá no Consistorio acordouse anular o desfile que ía saír de Xuvia ás 16.00 horas e habilitar o pavillón da Casa da Mocidade, na Gándara, como punto de reunión das doce carrozas da Cabalgata Solidaria. As persoas interesadas en ver as construcións feitas polos veciños e veciñas das parroquias das zonas urbana e rural –cargadas de alimentos e produtos de hixiene doados pola veciñanza para o Centro de Recursos Solidarios de Narón- e a chegada dos Reis Magos á localidade poderán facelo nas citadas instalacións municipais entre as 16.00 e as 17.00 horas.
A partir das 17.30 horas manterase a programación prevista polo Concello na Praza de Galicia, coa chegada de Melchor, Gaspar, Baltasar e Artabán, o rei da solidaridade. A cita comezará coa recepción aos Reis Magos, que se dirixirán cun breve discurso aos nenos e nenas alí presentes para continuar a cita cunha xornada centrada na música e no baile. O nedense Dani Ríos cantará o vilancico “Narón brilla en Nadal” e os nenos e nenas das diferentes parroquias, acompañados polos maiores, cantarán unha panxoliña ensaiada nas últimas semanas nos locais sociais con motivo dos actos navideños. Como é tradicional, os máis pequenos poderán falar cos Reis Magos e fotografiarse con eles mentres reciben caramelos que se repartirán entre o público infantil.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal