Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GOBERNO LOCAL CANCELOU O PASADO ANO UN PRÉSTAMO BANCARIO E GRAN PARTE DOUTRO A TRAVÉS DA AMORTIZACIÓN ANTICIPADA
O GOBERNO LOCAL CANCELOU O PASADO ANO UN PRÉSTAMO BANCARIO E GRAN PARTE DOUTRO A TRAVÉS DA AMORTIZACIÓN ANTICIPADA
O Concello amortizou o pasado exercicio económico 2,2 millóns de euros de débeda bancaria, dos que 807.918 euros se aportaron de xeito anticipado, a maiores das previsións iniciais para rebaixar a cantidade pendente de pago a diversas entidades
Narón, 9 de xaneiro de 2016. O goberno local de Narón amortizou o ano pasado un total de 2,2 millóns de euros de débeda bancaria, o que permitiu reducir a contía pendiente de abonar a diferentes entidades de 8,7 millóns de euros –a data 1 de xaneiro de 2015- a 6,5 millóns –a 31 de decembro do pasado ano-. O esforzo realizado desde as diferentes áreas do goberno municipal permitiu que a maiores da cantidade prevista de amortización ao longo de 2015 se habilitase unha partida, con cargo a remanentes de tesourería do ano 2014, por un importe de 807.918 euros –incluída no cómputo deses 2,2 millóns- tamén para rebaixar a débeda bancaria. A alcaldesa accidental de Narón, Marián Ferreiro, subliñou a importancia de reducir a carga financieira do Concello ano tras ano e apuntou que con cargo a eses 807.918 euros se cancelou a través da amortización anticipada un préstamo cunha entidade e reduciuse considerablemente o importe doutro.
“A estabilidade orzamentaria do Concello permite realizar este tipo de operacións coas que amortizar de xeito anticipado algúns préstamos bancarios e, neste caso, ademais supuxo a cancelación dunha desas operacións e a reducción doutra, diminuíndo considerablemente o importe pendente de amortizar desde a administración local”, destacou a alcaldesa accidental.
O feito de amortizar eses 2,2 millóns de débeda permitiu reducir considerablemente a cantidade que en concepto de xuros polos citados préstamos ten que abonar anualmente o Concello ás entidades coas que os subscribe e ademais, incidiu Ferreiro, “este tipo de accións responden a un dos puntos acordados no seu día na sinatura do pacto de goberno entre TEGA, PSOE e BNG sobre a política de reducción de débeda”. Así mesmo, a alcaldesa accidental subliñou o feito de que “puidemos facelo sen desatenter os principais investimentos previstos durante o ano 2015 e, obviamente, atendendo ao investimento en política social, que é a prioridade do goberno local nestes tempos de crise”. “Estas accións responden en todo momento a un exercicio de responsabilidade por parte do goberno local naronés”, asegurou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal